San Telmo na casa
#SanTelmoNaCasa
As Festas de San Telmo 2020, previstas do 11 ao 20 de abril, non se poderán celebrar na rúa debido ao Estado de Alarma pola crise do Coronavirus. Por este motivo dende o Concello de Tui proponse o #SanTelmoNaCasa, con diversas iniciativas on line que se irán dando a coñecer a próxima semana.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.