A praza de San Fernando acolle a proxección de “Cómo entrenar a tu dragón 3”
A proxección da película “Cómo entrenar a tu dragon 3” abre este venres, 12 de xullo, o ciclo “Cinema de Verán” en Tui. A cita será ás 22.30 h na praza de San Fernando.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
A proxección da película “Cómo entrenar a tu dragon 3” abre este venres, 12 de xullo, o ciclo “Cinema de Verán” en Tui. A cita será ás 22.30 h na praza de San Fernando.
Os Bolechas, os populares personaxes creados por Pepe Carreiro, estarán este sábado, 13 de xullo, ás 12 h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica con “Somos unha gran familia”. Trátase dunha actividade participativa dirixida a nenos e nenas de 3 a 9 anos e as súas familias. Chegan dentro do programa FalaRedes que promove a Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, coa coordinación neste caso da Biblioteca Pública Municipal de Tui.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui permanecerá pechada os martes 9 e 16 de xullo tanto en horario de mañá como de tarde debido a que todo o seu persoal ten que asistir en Santiago a sendas xornadas de formación.
Dende o Concello de Tui pídese desculpas aos usuarios polas molestias que o peche poida ocasionar.
Lembramos que a Biblioteca Pública Municipal de Tui, situada no primeiro andar da Área Panorámica, abre de luns a venres en horario de 9.30 a 13.30 h e de 16 a 21 h e os sábados de 9.30 a 13.30 h .
“Sabendo Miradas”, “O Primeiro Baile”, “Sentirte, Amarte” ou “Papá Pum Pum” son algúns dos doce temas de “FA” o último traballo discográfico que Susana Seivane presentaba en setembro do ano pasado, e que mañá interpretará en Tui no concerto que ofrecerá a partir das 22.30 h na rúa Compostela. Trátase dun disco intimista, romántico e tenro inspirado nos sentimentos da súa maternidade. O seu título “FA” son precisamente as iniciais dos nomes dos seus fillos Fiz e Antón.
Mañá sábado, 6 de xullo, ás 19 h será inaugurada na Sala de Exposicións da Área Panorámica a mostra “Os óleos de Xulia” da pintora Julia Rodríguez Estévez, natural de Tui que reside na actualidade en Vigo.
O acto contará coa presenza amais da autora do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente.
A exposición poderá visitarse até o domingo día 14 de xullo en horario de luns a sábado de 12 a 14 h e de 17 a 20 h e os domingos de 12 a 14h.
A cultura tradicional representada no noso folclore será a protagonista esta fin de semana en Tui coa celebración do V Concurso de Gaita e Tamboril e do VI Día da Muiñeira organizados pola Asociación Cultural San Telmo coa colaboración do Concello de Tui.
Estes eventos foron presentados esta mañá na casa do concello por Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino e Cultura, Conchi Sales e Verónica Morais, presidenta e vogal da Asociación San Telmo.
Mañá xoves, 4 de xullo, ás 11 h na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase o V Concurso de Gaita e Tamboril e o Día da Muiñeira que se van celebrar esta fin de semana en Tui.
Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Educación e Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a Conchi Sales, Raquel Hernández Fernández e Verónica Morais Olalla, presidenta, secretaria e vogal da Asociación San Telmo, organizadora dos eventos.
O próximo sábado, 6 de xullo, ás 22.30 h na rúa Compostela ofrecerá un concerto Susana Seivane dentro do programa Musigal Son Tradición.
No concerto canda a Susana Seivane actuarán Miguel González, saxo; Rubén Deschamps, guitarra e mandolina; Carlos Freire, batería e percusión tradicional e Iago Rodríguez, baixo eléctrico.
Mañá sábado, 8 de xuño, ás 20 h terá lugar o descubrimento da placa do Paseo Familia Álvarez Blázquez, tras o acordo unánime da corporación municipal en pleno o pasado mes de abril.
O acto comezará na Glorieta de Vigo coa recepción dos membros da familia Álvarez Blázquez e convidados por parte da corporación municipal en funcións.
O Camiño de Santiago será o protagonista esta fin de semana en Tui coa celebración do II Forum Peregrino na antiga cárcere, na rúa Sanz. Está organizado pola asociación Iacobus en colaboración co Concello de Tui.
O Forum foi presentado esta mañá na casa do concello de Tui polo alcalde de Tui en funcións, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de cultura en funcións, Eduardo Freiría, e Alfonso Ferreiro e Juan José Sánchez da Asociación Iacobus.