Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

O Teatro Municipal acolle este venres o espectáculo musical “A fiestra dos soños”

Undefined

Este venres, 26 de outubro, ás 20.00h o Teatro Municipal de Tui acolle o espectáculo musical “A fiestra dos soños” da compañía Trotaventos a Santiago.  O espectáculo de Manuel Boquete e Ramón Feans está baseado no libro de poemas ilustrados e musicados que da nome a obra,  “A  fiestra dos soños”. É un concerto para soñadores que permite ao público asistente achegarse a un  mundo máxico da man dos diferentes ritmos e compases.

O Concello de Tui asume os desprazamentos dos escolares ao Teatro Municipal neste curso

Undefined

A concellería de Educación do Concello de Tui asume neste curso o desprazamento dos escolares dos distintos centros educativos de Tui cara ao Teatro Municipal de Tui para asistir as distintas funcións programadas nos próximos meses para o alumnado de Infantil e Primaria. Deste xeito búscase garantir a igualdade de oportunidades de todos os escolares para asistir a esta programación cultural que se realiza en horario escolar, proporcionando o desprazamento necesario aos centros educativos, segundo explicaba a concelleira de Educación, Mila González.

O Teatro Municipal acolle este venres a proxección da película Dhogs

Undefined

Este venres, 19 de outubro, ás 21.30h o Teatro Municipal de Tui acolle a proxección da película Dhogs, dirixida por Andrés Goteira e galardoada con 13 premios Mestre Mateo, incluído o de mellor película.

A protagonista do filme, Alex, goza da última copa no bar dun hotel de luxo, allea á morea de desagradables acontecementos que vivirá nas próximas horas. A súa aventura cun executivo será o preámbulo dunha espiral de violencia na que se verá inmersa e que a levará por unha senda de sufrimento fóra do seu control.

Ghazafelhos presenta este xoves no Teatro Municipal “Rubicundo”

Undefined

O público infantil é o destinatario do segundo espectáculo da programación de Outono que este xoves chega ao Teatro Municipal de Tui. A cita será ás 20h coa compañía Ghazafelhos e a obra “Rubicundo”. Pepablo Patiño é o autor e director desta obra teatral destinada público a partir dos 3 anos, que el mesmo interpreta xunto a Montse Piñón e Jorge Casas.

“A Leituga” de Eme2 abre esta noite a programación cultural de Outono

Undefined

Hoxe ábrese a programación cultural de Outono no Teatro Municipal de Tui. Será coa representación da comedia negra “A Leituga”  da man de Eme2. A cita será ás 21.30h.

Neste espectáculo Víctor Duplá dirixe a Antonio Durán “Morris”, Federico Pérez, María Vázquez, Mercedes Castro, e Xosé Barato.  nesta obra teatral na que cinco familiares, tres irmáns e as parellas de dous deles, reúnense na casa da irmá maior para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma dende hai nove anos.

Oito espectáculo de teatro, danza, música e cinema conforman a programación de Outono no Teatro Municipal de Tui

Undefined

. Oito espectáculos conforman a oferta de Outono no Teatro Municipal de Tui que foi presentada esta mañá no propio teatro. Unha actividade que mantén a aposta de calidade, variedade, estabilidade e continuidade marcada ao longo dos últimos anos. Este traballo ten dado coma froito converter a este espazo escénico – que  o pasado mes de abril cumpriu 15 anos – nun referente cultural en Galicia e no norte de Portugal, que ten amais colleitado o respaldo do público coma demostra a media de espectadores cada ano.

Mañá ás 11.00h preséntase a 36º Axenda Cultural Corredoira no Teatro Municipal de Tui

Undefined

Mañá mércores 26 de setembro as 11.00 da mañá preséntase no Teatro Municipal situado no edificio da Área Panorámica a 36º axenda cultural Corredoira coa programación deste outono.  

A presentación asistirán o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Patrimonio, Deportes e Medio Ambiente, Eduardo Martínez Freiría, a xerente de Eme2, compañía do espectáculo “A leituga”, Mercedes González Castro, o actor Antonio Durán “Morris”, o director do Conservatorio Profesional de Música de Tui, Rubén López López e  a directora do Coro Mistura Vocal, Aloia Martínez.

Xoán Curiel presenta este xoves en Tui “A casa do terror”

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acolle este xoves, 27 de setembro un espectáculo de teatro, música, clown e danza da man de Xoán Curiel baixo o título “A casa do terror”.  Esta actividade chega a Tui dentro de Falaredes, o  programa de dinamización do galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concello

A música sefardí e a visita aos Sambenitos pechou as Xornadas Europeas da Cultura Xudía en Tui

Undefined

As Xornadas Europeas da Cultura Xudea en Tui  remataron esta fin de semana con dúas actividades.

O sábado pola noite o público puido disfrutar da música sefardí a cargo de Ana Alcaide e Bill Cooley. O tema das xornadas deste ano foron os relatos, e a música sefardí aporta unha gran carga emocional froito da vivencias e o exilio das familias xudeas. De aí a necesidade de expresar nas xornadas deste ano, tamén coa música, unha parte da cultura hebrea, máxime na voz e mans de Ana Alcaide acompañada por Bill Cooley. 

Pages

Subscribe to RSS - Cultura