Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Un cd solidario recadará fondos para os dous nenos que quedaron orfos na explosión de Paramos

Undefined

“Cuentos con moito conto” é o título do cd solidario que vén de editar o CRA Mestra Clara Torres de Tui con nove historia de OQO editora narradas en galego e castelán. Porase á venda ao prezo de 10€ e os fondos recadados serán para os dous nenos que quedaron orfos na explosión rexistrada o pasado ano en Paramos.

Este sábado celébrase unha visita guiada ao Nadal no Patrimonio Tudense

Undefined

Dentro da programación “Tui, o Camiño do Nadal, o camiño natural” este sábado, 21 de decembro, realizarase unha visita guiada ao Nadal no Patrimonio Tudense. Esta actividade é froito da colaboración entre o Concello de Tui e o Instituto de Estudios Tudense para a promoción e divulgación do noso patrimonio cultural.

Vendidas máis do 60 % das entradas para o “O Conto de Nadal” para as dúas funcións da fin de semana

Undefined

En apenas unhas horas onte vendéronse máis do 60% das localidades posta á venda para o espectáculo “Conto de Nadal” que este sábado e o domingo  chegará ao Teatro Municipal de Tui. Foi tanta a demanda que por momentos colapsou o sistema de venda de entradas por internet.

Un obradoiro de globoflexia con Ian e Elisa abre a programación infantil de Nadal

Undefined

Obradoiros, contacontos, maxia, cinema son parte das actividades de Nadal para público infantil que forma parte da programación “Tui, o Camiño do Nadal, o camiño natural”.

A primeira destas actividades en celebrarase será o obradoiro creativo de globoflexia  a cargo de Ian e Elisa que terá lugar este xoves, 19 de decembro, ás 17 h na Biblioteca Pública Municipal de Tui.

Proseguen as actuacións musicais na rúa dentro da programación de Nadal

Undefined

Dentro da programación “Tui, o Camiño de Nadal, o camiño natural” está fin de semana continúan as actuacións musicais na rúa. Hoxe venres ás 20 h será a quenda do Grupo folclórico “Santa Columba” da Asociación Santa Columba de Ribadelouro.

Mañá sábado, ás 13 h, actuará polas rúas de Tui o grupo Xuntanza da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe e ás 19 h será a quenda do grupo de Gaitas “Seixos Albos” da Asociación Seixos Albos de Areas.

Por último o domingo ás 19 h actuará o grupo de gaitas e ás 20 h o grupo folclórico da Asociación San Fins de Rebordáns.

Tui presenta un innovador “Conto de Nadal” nun espectáculo ambicioso e singular

Undefined

Tui presenta este Nadal un espectáculo innovador e único cun concerto danzado da Escola de Danza Paula Cobián e o Coro Mistura Vocal, no que tamén intervirá o coro ImaGine VoiZes de Aldeas Infantiles. Posiblemente se trate da primeira vez a nivel mundial que “O Conto de Nadal” de Charles Dickens se leva escena con estas características, contando só con música vocal.

Mañá xoves preséntase o espectáculo “Conto de Nadal”

Undefined

Mañá xoves, 12 de decembro, ás 16.30 h terá lugar na sala de reunións da casa do concello a presentación do espectáculo “Conto de Nadal” que con dobre función, o sábado 21 e o domingo 22 de decembro, terá lugar no Teatro Municipal de Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicentes, de Paula Cobián directora da Escola de Danza Paula Cobián, e Aloia Martínez, directora do coro Mistura Vocal.

O Concello de Tui edita un calendario de 2020 ilustrado con portas da Eurocidade pintadas pola tudense Rosa Mª Vila

Undefined

“2020. Abrindo portas…” é o título do calendario de 2020 que vén de editar o Concello de Tui.  Está ilustrado con pinturas de portas da Eurocidade Tui-Valença realizadas pola artista tudense Rosa María Vila. Así na portada figura o Pórtico da  Catedral de Tui e a Porta da Coroada de Valença.

Rematadas as obras de reforma das instalacións do Conservatorio cun investimento de 56.600 € ao abeiro do Plan Concellos 2017

Undefined

Cun investimento de 56.686,19 € nos últimos días rematáronse as obras de Reforma das Instalacións do Conservatorio Profesional de Música de Tui, situado na Avenida da Concordia.  Estas obras executáronse con cargo ao Plan Concello 2017 da Deputación de Pontevedra.

Pages

Subscribe to RSS - Cultura