Tui celebra as Letras Galegas cunha edición en liña de Tui Le e coa XXII Feira do Libro Galego nas propias librarías
O Concello de Tui celebrará o Día das Letras Galegas cunha nova edición de Tui Le e da Feira do Libro Galego, adaptadas as actuais circunstancias sanitarias. A autora homenaxeada este 2021, Xela Arias, será a protagonista do programa cunha conferencia de Marga do Val, e coa lectura dos seus poemas. Tamén haberá espectáculos infantís con Pablo Sánchez e Paporrubio e un concerto de MJ Pérez. O programa está organizado coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.