Andrea Pousa preestrea mañá o seu novo traballo “Retorno” na programación cultural de San Telmo
Música e espectáculos circenses centrarán mañá venres, 9 de abril, a terceira xornada da programación cultural de San Telmo.
Ás 17 h o Paseo da Corredoira volverá a encherse de cor e ilusión co pasarrúas que realizará Pistacatro co espectáculo “O Circo”. Volverá actuar ás 19 h.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.