Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

San Telmo na casa

Undefined

#SanTelmoNaCasa

As Festas de San Telmo 2020, previstas do 11 ao 20 de abril, non se poderán celebrar na rúa debido ao Estado de Alarma pola crise do Coronavirus. Por este motivo dende o Concello de Tui proponse o #SanTelmoNaCasa, con diversas iniciativas on line que se irán dando a coñecer a próxima semana.

Os empréstitos de libros na Biblioteca prorrógase até o fin do estado de alarma

Undefined

Ante o peche da Biblioteca Municipal de Tui, como medida de actuación ante a situación actual de contención da propagación dos contaxios por coronavirus, a concellería de Cultura, que dirixe Sonsoles Vicente Solla, informa dunha prórroga dos empréstito bibliotecarios. Todos os empréstito que tiñan a data de vencemento a partir do 13 de marzo quedan prorrogados ata o 30 deste mes. No caso de que a situación se alongue, procederase a adiar novamente a data de devolución.

Tui pecha as instalacións culturais e deportivas e suspende a programación propia coma medida preventiva ante o coronavirus

Undefined

O Concello de Tui vén de acordar unha serie de medidas para previr o contaxio por Coronavirus. Estas decisións adoptáronse por unanimidade na xunta de portavoces celebrada este mediodía na casa do concello. A duración ou modulación das medidas adoptadas se tomará de acordo coas directrices establecidas polas autoridades sanitarias competentes.

Así pecharanse as instalacións municipais de carácter cultural e deportivo dende mañá e suspéndese a programación propia.

Samuel Diz estrea “Memoria da Melancolía” este sábado en concerto en Tui

Undefined

Memoria da Melancolía” é o título do concerto que o músico e investigador tudense Samuel Diz ofrecerá este sábado, 14 de marzo, ás 20.30 h no Teatro Municipal de Tui.  Será a estrea do seu novo traballo discográfico que interpretará cunha réplica da guitarra de Federico García Lorca, que tocará por vez primeira neste concerto.

Aberto até o día 17 o prazo para solicitar permiso para a instalación de postos/atraccións durante as festas de San Telmo 2020

Undefined

Até o 17 de marzo ás 14 pódense presentar por rexistro de entrada no Concello as solicitudes de permiso para a instalación de postos/atraccións durante as festas de San Telmo que se van celebrar do 11 ao 20 de abril de 2020.

As persoas interesadas deben presentar o modelo de solicitude xunto coa documentación requirida.

Modelo de solicitude

Pages

Subscribe to RSS - Cultura