Tui recibiu hoxe á secretaria de estado de Comercio que coñeceu o proxecto que vai transformar o comercio local e o mercado municipal
A transformación, modernización e dixitalización do comercio local, tanto do sedentario coma do mercado semanal dos xoves, e a reforma integral da praza de abastos será unha realidade grazas á execución do proxecto que comezará en breve e que deberá estar rematado o 30 de xuño de 2024. Contará cun investimento de 1,6 millóns de euros dos que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo aportará 1,3 millóns de euros.




