O xoves preséntase a Festa do Meixón 2022
Do 8 ao 25 deste mes de abril vaise celebrar en cinco restaurantes tudenses a Festa do Meixón. Este evento será presentado este xoves, 7 de abril, ás 11.30 h, no Claustro da Catedral.
Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados.
Do 8 ao 25 deste mes de abril vaise celebrar en cinco restaurantes tudenses a Festa do Meixón. Este evento será presentado este xoves, 7 de abril, ás 11.30 h, no Claustro da Catedral.
Tui vai celebrar as Festas de San Telmo 2022 do 16 ao 25 deste mes de abril cun programa “ambicioso, moi completo e innovador”. Así o explicaba esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, na presentación dos festexos patronais, na que participaron tamén a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a concelleira de Comercio, Emprego, Formación e Igualdade, Ana Núñez, o concelleiro de Medio Rural e Deportes, Rafael Estévez, e o concelleiro de Seguridade e Persoal, José Ramón Magán.
Dinamizar a zona e impulsar a actividade dos locais de hostalería é o obxectivo da iniciativa “Vermuteando na Compostela” posta en marcha polo Bar Amazonas, Entre Horas, Puro Sabor e Xeitoso coa colaboración do Concello de Tui e de EMPRETUI
Os sábados e domingos deste mes de marzo, dende ás 12h, estes catro locais crean unha ruta na que se poderá degustar un vermú acompañado dun pincho e coa ambientación musical de dj`s. Entre todas as persoas que ao longo do mes disfruten da iniciativa sortearase unha estancia en Cantabria, e outra nas Cabanas da Ulla.
A continuación figura a listaxe de establecementos participantes na campaña "Tui é un amor. Namórate de Tui".
. O Concello de Tui formou parte da comisión galega que a semana pasada viaxou aos campamentos de refuxiados saharauís da man de SOGAPS, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. O concello tudense estivo representado pola concelleira de Emprego e Igualdade, Ana María Núñez.
O Concello de Tui vén de pór en marcha un novo servizo de recollida de papel e cartón porta a porta co obxectivo de contribuír á reciclaxe destes produtos por parte dos establecementos comerciais, hostaleiros, e a industria local.
Con esta iniciativa búscase por unha parte axudar aos e ás comerciantes e hostaleiros na separación e reciclaxe dun material coma o papel e cartón, do que xeran importantes cantidades nos seus negocios. Coa recollida específica para eles búscase non colapsar os contedores azuis deixando o seu uso preferente para a cidadanía.
O Concello de Tui recupera con motivo de San Valentín a campaña “Tui é un amor. Namórate de Tui” que se puxo en marcha no ano 2020 con dobre obxectivo. Por unha banda a dinamización comercial da cidade pero tamén a súa promoción turística.
Hoxe luns, 31 de xaneiro, ás 19 h terá lugar unha reunión a través de Zoom dirixida ao comercio local. O obxectivo é informar do novo servizo de recollida porta a porta de papel e carton dirixido aos establecementos comerciais no que se está a traballar.
Datos de acceso á reunión:
Unirse á reunión Zoom
https://zoom.us/j/99332499111?pwd=aktNYURsZXBkdk1sTXpDcUQzZlk4QT09
ID de reunión: 993 3249 9111
Código de acceso: 7WHuLc
O Concello de Tui vén de conceder 85 axudas a autónomos e pequenas empresas ao abeiro do programa Reactiva II para facer fronte aos efectos da COVID 19.
A comezos de mes a Xunta de Goberno Local aprobou un paquete de 85 axudas correspondentes á segunda convocatoria de axudas para traballadores por conta propia e autónomos societarios cuxa actividade sufrira unha caída na facturación superior ao 30 % durante a pandemia. O importe total destas achegas ascende a 90.710,11 euros.
A maxia do Nadal chega a partir deste venres ao Paseo da Corredoira de Tui co Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui.
A inauguración está prevista ás 18.30 h coincidindo co acendido da iluminación de Nadal, con animación de rúa.