A camelia protagonista da fin de semana en Tui
O claustro da Catedral acolle a VIII Mostra da Camelia organizada por ATUCA e unha trintena de establecementos decoran os seus escaparates con esta flor.
Mañá ás 12.30 h será inaugurada no Claustro da Catedral de Tui a VIII Mostra da Camelia organizada por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, coa colaboración do Concello de Tui entre outras entidades. O lema deste ano é “A Camelia na Eurocidade”. Acudirán 80 expositores de Galicia, Asturias e Portugal que amosarán unha ampla mostra desta flor e das distintas variedades.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participará mañá no acto inaugural xunto a representantes da Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra, da Sociedade Internacional da Camelia, da Sociedade Española da Camelia, da Catedral de Tui e de ATUCA.
A exposición poderá visitarse mañá sábado de 16.30 a 21.00 h e o domingo de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h.
De forma paralela unha trintena de comercios de Tui súmanse a esta iniciativa engalando esta fin de semana os escaparates dos seus establecemento con camelias. A idea xurdiu do propio comercio local contando coa colaboración de ATUCA, do Concello de Tui e veciños e veciñas que doaron flor para expor nos establecementos, ao igual que o Centro O Pelouro.
Deste xeito Tui esta fin de semana sumará a todo o seu patrimonio natural, cultural e histórico un atractivo máis coma é a camelia. Así os visitantes amais de achegarse até o claustro da Catedral poderán tamén facer un percorrido pola cidade para admirar as decoracións nos comercios locais. A listaxe completa e un mapa no que se poden consultar os comercios participantes pódese consultar tanto na web municipal coma na Oficina de Turismo, no Paseo da Corredoira.
Listaxe de establecementos participantes:
- Avatel. r/Compostela, 14.
- Concepto by Persa Cociñas. Areas.
- Confitería Rogelio. r/ Augusto González Besada, 4.
- Cousiñas. r/Ordóñez, 16.
- Cucadas. r/ Casal Aboy, 4.
- Dequip Tui. r/ Casal Aboy, 1.
- Divos. Paseo da Corredoira, 36.
- El Armario Curvy. r/ Augusto González Besada, 8.
- Escoita. r/ Casal Aboy, 13.
- Estanco Avenida de Portugal. Avenida de Portugal, 27 .
- Fiadeiras. r/ Casal Aboy, 2.
- Floristería la Flor. r/Foxo. Galerías Caracas.
- Fotografía Carper. r/Colón, 19.
- Gominolas Nitos. r/ Ordólez, 1.
- Joy Baby. r/Irmáns Maristas, 5.
- La Bella Aurora. r/ Colón, 19.
- La Trastienda de Lupadás. r/ Foxo. Galerías Caracas.
- Las Flores de Rita. r/A Guarda, 2.
- Loterías el Puente. Avenida de Portugal, 46.
- Merca 99. r/Colón, 5.
- Peluquería Mila Estévez. r/Compostela, 10.
- Mistic. r/ Augusto González Besada, 13.
- Muebles GL3. r/Ourense, 4.
- Naldo Costas. r/Augusto González Besada, 20.
- Pastelería El Santo. r/Travesía Rosa Bahamonde, 4.
- Pleno Modas. r/ Casal Aboy, 3.
- Pony Express. r/Colón, 17.
- Surtidor Conde. Paseo da Corredoira, 35.
- Tapería Época. Avenida da Concordia, 2.
- The White Clover. Avenida de Portugal, 52.
- Tui Grill. r/Martínez Padín, 7.
- Valenzuela Interiorismo. r/rúa Foxo, n.º 5.