Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Obradoiros de Cociña de Nadal no Mercado Municipal os sábados de decembro

2/12/2022

O Mercado Municipal de Tui acollerá neste mes de decembro uns Obradoiros de Cociña de Nadal co obxectivo de pór en valor o produto local e convidar a coñecer novas elaboracións de cara a estas festas de Nadal. Ao tempo poténciase o valor da praza de abastos que destaca pola excelente relación de calidade-prezo nos seus produtos. Os obradoiros desenvolveranse os sábados 3, 10 e 17 de decembro ás 11 h.

Mañá sábado contarase coa presenza de Noelia Figueiras, chef en Gloria Domeq Catering. A proposta que elaborará será Tartar de salmón e aguacate sobre galleta mariñeira e Tosta de rolo de cabra caramelizado con froitos secos coma aperitivos. Logo cociñará un Solombo de Porco con salsa vermú en puré de batata e chips de mandioca.