Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O chef Miguel Rodríguez participa este sábado nos Obradoiro de Cociña de Nadal no Mercado Municipal

7/12/2022

Será a partir das 11 h cando ensine coma elaborar un aperitivo e un prato de peixe para estas festas

Novas propostas para cociñar este Nadal chegarán este sábado ao Mercado Municipal de Tui da man do tudense Miguel Rodríguez, chef do Parador de Baiona e coordinador da cociña no Parador de Tui. Será dentro dos Obradoiros de Cociña de Nadal que organiza a concellería de Comercio.

Nesta ocasión Miguel Rodríguez ensinará, na praza de abastos, coma elaborar unha crema de marisco, ovo poché, empanadilla crocante e biscoito coma aperitivo, e peixe de mercado envolto en algas sobre cogomelos e ovas de peixe voador.

A entrada é de balde, e non é preciso reserva previa.