Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui recibe a doazón dun libro de 1776 sobre San Telmo

18/06/2025

Ramón Amado, veciño da cidade, fixo entrega deste exemplar de 106

Ramón Amado Yáñez, veciño de Tui, entregou hai uns días ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, un exemplar do libro “Addiciones a la vida de S. Pedro Gonzalez Telmo de la sagrada Orden de los Predicadores, abogado de los navegantes, escritas por el presentado Fray Fernando de Pineda, de la misma orden, hijo y morador del Real Convento de San Pablo de Sevilla, quien escribió, y dió á luz la referida vida. Madrid: En la imprenta de D. Pedro Marin. Año de 1776”.

Trátase dun volume impreso de 106 páxinas en un bo estado de conservación. Fernando de Pineda publicara en 1716 unha Historia de la vida, virtudes, y milagros de S. Pedro Gonzalez Telmo de la Sagrada Orden de Predicadores, abogado de los navegantes… como parte da información practicada para o proceso de beatificación de San Telmo que se promove naqueles anos logrando que en 1741 o Papa Benedicto XIV recoñecese o seu culto inmemorial e refrenda o seu patronazgo sobre as xentes do mar.

A edición desta obra Addiciones en 1776 indica que o proceso de canonización seguía activado nesteano en que se edita esta nova publicación que achega novos datos sobre a santidade e o culto de San Telmo e do seu compañeiro como predicador itinerante por Galicia, Frei Miguel González.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, agradeceu a Ramón Amado Yáñez a súa xenerosidade, xa testemuñada noutras oportunidades. A obra incorporarase ao fondo local da Biblioteca Municipal que custodia unha colección de obras antigas sobre a nosa cidade que se enriquece con esta publicación.