Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Tui da a coñecer as súas rúas, prazas, cárceres, o patrimonio xudeu... nas visitas culturais desta semana

Undefined

Proseguen a celebrarse cunha boa acollida as visitas  culturais gratuítas organizadas polos Concello de Tui. Esta semana chegan seis novas propostas cun percorrido diario, de martes a domingo, que sairá ás 19.15h dende a praza da Inmaculada conducido polo historiador tudense Suso Vila. Rúas, prazas, cárceres, o patrimonio xudeu... centran as visitas destas semana.

Visita cultural A Cidade Histórica

O domingo, 19 de novembro, ás 19.15h, sairá dende a praza da Inmaculada a visita “A cidade histórica” cuxo obxectivo é rememorar a evolución da cidade ao longo de máis de 800 anos. O roteiro previsto permitirá redescubrir o perímetro amurallado da cidade, e os edificios relixiosos, civís e residenciais de intramuros que foron marcando a traxectoria da cidade ao longo do tempo.  No paseo poderá verse coma a Cidade Histórica é froito dun longo proceso ao longo dos anos que ten deixado unha gran riqueza arquitectónica e patrimonial.

A Eurocidade Tui-Valença acolle a reunión da Federación de Academias de Gastronomía de los Caminos de Santiago

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença acolle esta fin de semana unha reunión da Federación de Academias de Gastronomía dos Camiños de Santiago. A primeira cita do programa previsto terá lugar ás 16h no Parador Nacional de Turismo San Telmo de Tui cunha reunión para admitir coma membro da Federación á Academia de Gastronomía Portuguesa do Camiño de Santiago. Con esta incorporación pasan a ser unha federación de carácter internacional, tendo amais solicitudes de academias francesas e italianas.

Visitas guiadas aos Sambenitos e aos cárceres inquisitoriais

Undefined

O luns 30 e o martes 31 de outubro tudenses e visitantes poderán coñecer un pouco máis o patrimonio e a historia da cidade ligada á Inquisición coas dúas visitas guiadas temáticas programadas para estas dúas xornadas. Sairán os dous días ás 20.15h da praza da Inmaculada sendo guiadas polo historiador tudense Suso Vila. O percorrido, gratuíto, durará aproximadamente unha hora.

Luns 30 Visita guiada aos Sambenitos Inquisitoriais

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo