Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Visita cultural Arquitectura Educativa en Tui

Data: 
18/11/2017
Lugar: 
Saída da Praza da Inmaculada

O sábado, 18 de novembro, 19.15h, sae dende a praza da Inmaculada unha nova visita cultural gratuíta para realizar un percorrido aproximado de 60 minutos pola “Arquitectura educativa en Tui”.  Os asistentes a esta visita poderán coñecer o patrimonio educativo tudense vinculado aos edificios que se construíron con uso educativo durante o século XIX coma a Escola de Nenas e o Colexio de Primeiras Letras, ambos na rúa Sanz, o edificio dos Estudos de Gramática que actualmente ocupa o albergue de peregrinos, ou o Seminario Menor.  O percorrido irá, tamén, por outras rúas con inmobles que aínda que foron construídos con outra finalidade tiveron igualmente uso escolar.

Visitas Culturais

  • Sábado, 18 de novembro, ás 19.15h “Arquitectura educativa en Tui”.
  • Punto de saída: praza da Inmaculada
  • Duración: 60 minutos aproximadamente