Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Visita cultural A Cidade Histórica

Data: 
19/11/2017
Lugar: 
Saída da Praza da Inmaculada

O domingo, 19 de novembro, ás 19.15h, sairá dende a praza da Inmaculada a visita “A cidade histórica” cuxo obxectivo é rememorar a evolución da cidade ao longo de máis de 800 anos. O roteiro previsto permitirá redescubrir o perímetro amurallado da cidade, e os edificios relixiosos, civís e residenciais de intramuros que foron marcando a traxectoria da cidade ao longo do tempo.  No paseo poderá verse coma a Cidade Histórica é froito dun longo proceso ao longo dos anos que ten deixado unha gran riqueza arquitectónica e patrimonial.

Visitas Culturais

  • Domingo, 19 de novembro, ás 19.15h “A Cidade histórica
  • Punto de saída: praza da Inmaculada
  • Duración: 60 minutos aproximadamente