Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui oferta 16 visitas guiadas temáticas ata finais de ano

10/11/2017

A primeira terá lugar mañá sábado ás 19.15h por “A cidade barroca”

Tui oferta 16 visitas guiadas temáticas durante os meses de novembro e decembro, continuando así os percorridos culturais gratuítos que se iniciaron no verán organizados polo Concello de Tui e nos que levan participado máis de 3 mil persoas.

A primeira cita, nesta nova proposta, será mañá sábado, 11 de novembro, baixo o título “A cidade barroca” na que durante sesenta minutos se percorrerán os espazos que transformaron a cidade nos séculos XVI  e XVIII coma o convento de San Francisco, o convento das Clarisas, a igrexa de San Telmo, ou o hospital de pobres e peregrinos no edificio que actualmente ocupa o Museo Diocesano.

A próxima fin de semana o sábado 18 realizarase a visita cultural “Arquitectura educativa en Tui” e o domingo 19 “A cidade histórica”. Mentres que o título dos percorridos a última fin de semana de mes serán “A cidade burguesa do século XIX” e “As antigas fortificacións románicas”.

No mes de decembro son un total de once as visitas que se van levar a cabo.  O venres 1 “Cidade histórica”, o sábado 2 “As murallas medievias”, o domingo 3 “Cidade medieval”, o martes 5 “As rúas gremiais da cidade”, o mércores 6 “O criptoxudaísmo en Tui”, o xoves 7 “Arquitectura carceraria na cidade histórica”, o venres 8 “Comuna xudía medieval”, o sábado 9 “As prazas públicas da cidade histórica”, e o domingo 10 “Cidade medieval”. Por último o venres 15 realizarase a visita “Cidade histórica” e a derradeira será o sábado 16 “A arte e o Nadal en Tui”.

Todas as visitas sairán ás 19.15h dende a praza da Inmaculada e terán unha duración aproximada dunha hora.

Visitas Culturais nocturnas

Punto de saída: Praza da Inmaculada

Horario: 19.15h

Novembro

  • Sábado 11 – A cidade barroca
  • Sábado 18 – Arquitectura educativa en Tui
  • Domingo 19 - A Cidade Histórica
  • Sábado 25– A cidade burguesa do século XIX
  • Domingo 26 – As antigas fortificacións románicas.

Decembro

  • Venres 1 – Cidade histórica
  • Sábado 2 – As murallas medievais
  • Domingo 3 – Cidade medieval
  • Martes 5 – As rúas gremiais da cidade
  • Mércores 6 – O criptoxudaísmo en Tui
  • Xoves 7 – Arquitectura carceraria na cidade histórica
  • Venres 8 – Comuna xudía medieval
  • Sábado 9 – As prazas públicas da cidade histórica
  • Domingo 10 – Cidade medieval
  • Venres 15 – Cidade histórica
  • Sábado 16 – A arte o Nadal en Tui