Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

O Museo Diocesano de Tui reabre mañá as súas portas ao público

Undefined

Dende mañá mércores, 3 de agosto, poderá volver visitarse o Museo Diocesano de Tui, en horario de 11 a 14 h  e de 18 a 20 h de luns a venres. O donativo para a entrada é dun euro. Será grazas ao acordo acadado entre o Concello de Tui e o Bispado da Diocese de Tui-Vigo. 

O Museo Diocesano, situado no antigo Hospital de Pobres e Peregrinos, na praza do Concello, custodia valiosas pezas do patrimonio tanto de Tui coma da comarca do Baixo Miño.

A V Feira do Peregrino será presentada mañá venres

Undefined

Mañá venres, 30 de xullo, ás 12 h no Pórtico da Catedral de Tui terá lugar a presentación da V Feira do Peregrino que se vai celebrar na cidade o sábado 4 e o domingo 5 de setembro.

A feira está organizada por ACITUI, Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, a Asociación Amigos do Camiño de Santiago de Tui, e a Asociación Turismo Cidade de Tui , coa colaboración do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia, Iacobus e AGACS.

O alcalde e os concelleiros de Deportes e Turismo despediron aos membros equipo olímpico uruguaio concentrado en Tui que partiu cara Toquio

Undefined

Hoxe partiron dende Tui cara Toquio os membros da selección uruguaia de Remo que estiveron concentrados na cidade dende o pasado 12 de xuño.  En concreto participarán nos Xogos Olímpicos Bruno Cetraro, que será o abandeirado da delegación uruguaia, e Felipe Kluver, xunto ao adestrador Osvaldo Borchi.

Esta tarde inaugúrase a mostra “Via Lusitana” na Sala Municipal

Undefined

Hoxe, martes, 13 de xullo, ás 20.30 h será inaugurada a exposición “Via Lusitana. O espazo xacobeo no Norte de Portugal e Galicia”. Está organizada pola Xunta de Galicia no marco das actividades do Ano Xacobeo 2021-2022, e conta nesta ocasión coa colaboración do Concello de Tui.

O acto contará coa presenza de representantes do Concello de Tui e de Turismo da Xunta de Galicia.

Máis de 4 mil persoas pasaron no mes de xuño pola Oficina Municipal de Turismo

Undefined

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu durante o pasado mes de xullo a 4.067 persoas que se achegaron até este punto demando información turística do municipio, e da zona, así coma sobre o Camiño Portugués.

Entre a primeira e a cuarta semana de xuño case se duplicou o número de persoas que acudiron á Oficina Municipal pasando de 809 ( 560 peregrinos e 249 turistas) a 1.518 (612 peregrinos e 906 turistas).

Tui xa ten a súa propia Guía Turística da Red de Juderías

Undefined

Este mediodía presentáronse no Parador Hostal Reis Católicos en Santiago de Compostela, as Guías Turísticas das Xuderías de Tui, Monforte de Lemos e Ribadavia, as tres cidades que forman parte en Galicia da Red de Juderías de España.

No acto participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, e a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez. Tamén asistiron a xerente da Red de Juderías, Marta Puig, xunto á autora das guías, Alejandra Abulafia e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo