Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Un grupo de axentes turísticos internacionais interesados no Camiño Portugués visitou Tui na fin de semana

Undefined

O pasado sábado o alcalde de Tui, Enrique  Cabaleiro, mantivo un encontro na casa do concello de Tui cun grupo de xornalistas e touroperadores que visitaron a cidade dentro dunha viaxe de familiarización co Camiño Portugués organizado por Fairway, o IV forum do Camiño de Santiago que se desenvolve estes días en Santiago de Compostela. “O principal obxectivo destas actividades é dar visibilidade aos Roteiros Xacobeos e os seus variados recursos turísticos, ademais de promocionar o IV Fórum do Camiño de Santiago”, explican desde a organización.

O historiador tudense Suso Vila pecha o ciclo de conferencias sobre o retablo da batalla de Lepanto

Undefined

O próximo martes, 9 de novembro,  ás 19.30 h a igrexa de San Domingos acollerá a derradeira conferencia do ciclo organizado polo Concello de Tui en torno ao retablo de Nosa Señora do Rosario, popularmente coñecido como da “Batalla de Lepanto” pola representación deste episodio bélico que posúe, no 450 aniversario daquela afamada batalla que tivo lugar o 7 de outubro de 1571.

A Oficina Municipal de Turismo atendeu case 4.800 visitantes en outubro

Undefined

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu no pasado mes de outubro case catro mil oitocentos visitantes que solicitaron basicamente información para a súa visita á cidade. En concreto foron 4.796 visitantes os que se achegaron ata a Oficina Municipal de Turismo na praza de San Fernando. Deste total 2.643 eran turistas e 2.153 peregrinos e peregrinas.

Das 2.153  que estaban a realizar o Camiño de Santiago 1.465 eran peregrinos e peregrinas internacionais de até 40 nacionalidades distintas, e 688 eran españois procedentes de até 43 provinciais.

Javier Gómez Darriba intervén este mércores no ciclo sobre a batalla de Lepanto

Undefined

“Política, devoción e iconografía bélica. O tema da Batalla de Lepanto no retablo do Rosario do convento de San Domingos de Tui” é o tema da conferencia que este mércores, 2 de novembro, ás 19.30 horas na igrexa tudense de San Domingos ofrecerá Javier Gómez Darriba. Na súa intervención analizará a iconografía e outros aspectos deste singular retablo.

Novas visitas guiadas ao retablo da Batalla de Lepanto na igrexa de San Domingos este domingo e luns ás 18 h

Undefined

Esta fin de semana terán lugar novas visitas guiadas ao retablo da Batalla de Lepanto na igrexa de San Domingos dentro do programa  conmemorativo do 450 aniversario desta batalla naval.  O obxectivo desta actividade é poñer en valor este singular elemento do patrimonio cultural tudense, e contribuír ao coñecemento da nosa historia e de acervo cultural de Tui.

O historiador Domingo González Lopo intervén no ciclo de conferencias sobre o retablo da batalla de Lepanto

Undefined

O historiador Domingo González Lopo pronunciará mañá, martes 19 de outubro, ás 19.30 horas unha nova conferencia, na igrexa de San Domingos. Será dentro do ciclo de conferencias e visitas guiadas  que organiza o Concello de Tui en torno ao retablo de Nosa Señora do Rosario da Igrexa de San Domingos no 450 aniversario da Batalla de Lepanto que é o principal motivo iconográfico deste singular retablo barroco.

O profesor Hortensio Sobrado abre o ciclo de conferencias sobre a Batalla de Lepanto

Undefined

Este mércores, 13 de outubro, comeza o ciclo de conferencias organizado polo Concello de Tui, coa colaboración da Asociación Amigos da Catedral, para conmemorar o 450 aniversario da Batalla de Lepanto. 

O profesor de Historia Moderna da Universidade de Santiago, Hortensio Sobrado Correa, disertará sobre “A batalla de Lepanto, contexto histórico”. Será ás 19.30 h na igrexa de San Domingos. 

O Concello de Tui asina un convenio de colaboración coa Asociación de Muiñeiros do Tripes

Undefined

O Concello de Tui asina un convenio anual de colaboración coa Asociación de Muiñeiros do río Tripes. Na propia senda dos Muíños do Tripes así o daba a coñecer esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto ao presidente deste colectivo, Miguel Méndez, o presidente de honra, Alberto Romer, e o vogal Cristián Lago.  

Este xoves preséntase en Tui “1598: La peste en Vigo. El secreto del reclinatorio del prior” de Antonio Giráldez

Undefined

A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle este xoves, 30 de setembro, ás 20.30 h, a presentación da novela “1598: La peste en Vigo. El secreto del reclinatorio del prior”, escrita por Antonio Giraldez Lomba.  Esta actividade forma parte da programación “Mes da Biblioteca”.

Tui é unha das cidades da Red de Juderías nas que se pode participar no Xogo “Busca a chave do diálogo”

Undefined

 Ata o vindeiro xoves, 30 de setembro, pódese participar en Tui, ao igual que nas outras cidades pertencentes á Red de Juderías, no xogo gratuíto “Busca la llave del Diálogo / Busca a chave do diálogo”. Esta actividade forma parte da programación organizada dentro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo