Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

A nova oficina de turismo de Tui abre as portas a unha inédita marca turística

Undefined

O sector turístico é un eixo estratéxico para Tui e, en especial, unha oportunidade para  fortalecer o desenvolvemento sostible da zona, servindo de motor para a súa economía  urbana. Dende o propio Concello, Salvaterra, Monçao, Valença, Turismo de Galicia,  Turismo Norte de Portugal e Patrimonio Natural levan anos traballando para poder  actualizar e acadar unha oferta de calidade que contemple absolutamente todo o que a  localidade e a súa contorna ten para atraer aos visitantes.  

Mañá conferencia de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe no Foro do Camiño Portugués

Undefined

Maña, martes 25 de xaneiro, o Concello de Tui retoma a celebración mensual do “Foro do Camiño Portugués” coa presenza dun destacado protagonista da recuperación e revitalización do Camiño de Santiago en Galicia, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, ex-conselleiro da Xunta de Galicia e medalla de honra do Concello de Tui concedida no ano 2017.

O Concello de Tui retoma o Foro do Camiño Portugués coa presenza de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Undefined

O vindeiro martes, 25 de xaneiro, o Concello de Tui retoma, logo da paréntese do Nadal, a celebración mensual do “Foro do Camiño Portugués”. Nesta ocasión será coa presenza dun destacado protagonista da recuperación e revitalización do Camiño de Santiago en Galicia, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, exconselleiro da Xunta de Galicia e medalla de honra do Concello de Tui dende o ano 2017.

Tui acolle a exposición “Diálogos” da Biblioteca Nacional de Israel e a Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad

Undefined

A zona anexa da Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, acolle dende esta semana exposición “Diálogos”. A mostra foi preparada en setembro de 2021 pola Biblioteca Nacional de Israel para a Xornada Europea da Cultura Xudía. Esta mostra chega ata a nosa cidade a través da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad á que pertence o concello de Tui dende o ano 2019.

A Catedral de Tui ilumínase coma lugar emblemático do Camiño de Santiago dentro da iniciativa Acende o Xacobeo

Undefined

 A fachada norte da Catedral de Tui permanece ao longo destas festas de Nadal, ata este xoves 6 de xaneiro, iluminada co logotipo da celebración do Xacobeo 2021-2022, nunha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia de iluminación dos lugares máis emblemáticos dos Camiños de Santiago en Galicia.

Miño, destino navegable

Undefined

"Miño, destino navegable" está promovido polas Eurocidade Tui-Valença e Salvaterra-Monçao. Presenta un destino en dous países, dúas eurocidade e catro municipios. Contempla rutas fluviais pero tamén aos conxunto históricos de cada concello, e que nos permitirán coñecer o seu patrimonio cultural, natural e etnográfico e a súa gastronomía.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo