Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.

En xaneiro comeza un novo curso para deixar de fumar en colaboración coa AECC

Undefined

Un ano máis o Concello de Tui e a Asociación Española contra o Cancro organizan un curso de Deshabituación Tabáquica. É un programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono do tabaco.

Previo ao comezo do curso, previsto para o 30 de xaneiro, haberá unha entrevista coa terapeuta, e logo desenvolveranse 7 sesións, de hora e media cada unha en horario de tarde. Ofrécese aos participantes apoio técnico, consellos,  compañía e recompensas. Vai dirixido a persoas maiores de 18 anos que desexen deixar de fumar.

A casa do concello de Tui ilumínase de verde para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental

Undefined

A casa do concello de Tui ilumínase de verde para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental. O Concello de Tui súmase así á campaña que leva a cabo a Asociación  Avelaíña o longo deste mes de outubro para sensibilizar e informar á poboación sobre a enfermidade mental.

En outubro iníciase unha nova temporada do programa “Cultiva a Mente”

Undefined

O programa “Cultiva a Mente” posto en marcha polo Concello de Tui e AFAGA, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, inicia unha nova temporada o próximo mes de outubro. O obxectivo desta iniciativa é promover un envellecemento activo e saudable das persoas maiores de 55 anos  a través de diversas actividades que se desenvolverán até o mes de xuño de 2022 nos centros culturais de 6 parroquias tudenses. 

O Concello de Tui e a asociación Diversidades Acolle estudan novas vías de colaboración entre ambas entidades

Undefined

O Concello de Tui celebrou esta mañá unha mesa de traballo coa asociación Diversidades Acolle na que abordou a continuidade da colaboración con esta entidade que dende hai ano e medio conta cun Centro de Acollida de Refuxiados na cidade. 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e a traballadora social, Carmen González, reuníronse con Santiago Álvarez Avión, director, Inma Rodríguez Lago, responsable do centro de acollida de Tui, e con Belén Arranz Núñez, coordinadora de programas. 

A estimulación cognitiva e funcional dos usuarios e o apoio ás familias obxectivos dos obradoiros impartidos por AFAGA clausurados onte

Undefined

Máis  dunha ducia de persoas participaron esta temporada nos obradoiros de “Estimulación Cognitiva e Funcional” que AFAGA en colaboración co Concello de Tui imparte en Randufe. Os usuarios e usuarias acoden en dous grupos os luns e mércores e os martes e xoves.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Servizos Sociais