Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.

A Biblioteca Municipal fixo entrega dos alimentos recollidos no Mercadiño Solidario de Libros

Galego

O pasado xoves, 5 de xaneiro, tivo lugar a entrega dos alimentos recollidos no Mercadiño Solidario de Libros organizado ao longo do mes de decembro pola Biblioteca Municipal de Tui.

Persoas voluntarias da Asociación Asistencia SOS Tomiño Baixo Miño e a coordinadora dos Servizos Sociais Municipais  achegáronse ata a Biblioteca Municipal, para recoller os alimentos que foron entregados polos usuarios e usuarias deste centro bibliotecario.

En xaneiro impartirase un novo curso de Deshabituación Tabáquica

Undefined

O Concello de Tui, a través do departamento de Servizos Sociais, organiza un ano máis, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, un curso de dehabituación tabáquica, dirixido a persoas maiores de 18 anos.

Esta actividade comezará o próximo mes de xaneiro, celebrándose os mércores de 17 a 18.30 h. Constará de 7 sesións de hora e media cada unha na que se brindará apoio técnico, consellos e acompañamento no proceso de deixar o tabaco.

Alumnado de 4º da ESO dos IES’s San Paio e Indalecio Pérez, do Seminario e do Colexio Maristas participan mañá no programa Cine nas Aulas

Undefined

Mañá mércores terá lugar a segunda proxección do programa Cine nas Aulas no Teatro Municipal de Tui. Asistirán un total de 198 alumnos e alumnas  e  profesores e profesoras de 4º de ESO dos IES San Paio, Indalecio Pérez Tizón,  Seminario Menor San Paio e Colexio Maristas Sta María. Con esta película traballaran sobre valores como aceptación, amizade, igualdade, inclusión, respecto, superación, comprensión, liberdade, empatía, amor, lealdade, coraxe, dignidade.

Recala en Tui a exposición “Nun lugar calquera” ao redor da trata de persoas

Undefined

O anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, acollerá mañá xoves, 3 de novembro, ás 12.30 h a inauguración da exposición fotográfica “Nun lugar calquera” sobre a trata de seres humanos que poderá visitarse até o día 15 de novembro.

A exposición está organizada por ACCEM, unha organización sen ánimo de lucro, apartidista e aconfesional que traballa para mellorar as condicións de vida das persoas en situación de vulnerabilidade. Conta coa colaboración do Concello de Tui a través das súas concellerías de Servizos Sociais e Cultura.

Aberto até o 16 de novembro o prazo para solicitar as bolsas para ensinanzas musicais

Undefined

Até o 16 de novembro está aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudos para ensinanzas musicais do curso 2021/22. No BOPPO número 199 do pasado martes, 18 de outubro de 2022, publicouse extracto do acto do acordo do 7 de outubro de 2022 da Xunta de Goberno Local, pola que se convocan as bolsas e se aproba as Bases Particulares Reguladoras da convocatoria de Becas de Estudio para Ensinanzas Musicais no Conservatorio Profesional e na Escola de Música de Tui. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Servizos Sociais