Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Mañá preséntase a 1ª San Silvestre de Tui que se celebrará o 31 de decembro. Será solidaria coa AACC

Undefined

Mañá mércores, 30 de novembro, ás 11.00 horas, na casa do Concello de Tui, terá lugar a presentación da 1ª San Silvestre de Tui “Correr e Andar” a beneficio da Asociación Española contra o Cancro, organizada polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, en colaboración co Protección Civil de Tui, a Policía Local de Tui, Radio Municipal de Tui e diferentes empresas patrocinadoras. Celebrarase  o sábado 31 de decembro, a partir das 10.30 horas, dende o Paseo da Corredoira de Tui.

1ª San Silvestre de Tui “Correr e Andar”

O sábado, 31 de decembro, ás 10.30h no Paseo da Corredoira celebrarase a 1ª San Silvestre de Tui “Correr e Andar” a beneficio da Asociación Española contra o Cancro. Está organizada polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, en colaboración co Protección Civil de Tui, a Policía Local de Tui, Radio Municipal de Tui e diferentes empresas patrocinadoras. 

Mañá preséntase a VI Urban Trail Night Eurocidade

Undefined

Mañá martes, 22 de novembro, ás 11.00 horas españolas, no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui, terá lugar a presentación da VI Urban Trail Night Eurocidade, carreira nocturna organizada polas empresas Noko360 e Sra. Emilia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença. A Urban Trail Night eurocidade celebrarase este sábado, 26 de novembro, a partir das 20.30 horas, con saída dende Valença e chegada ao Paseo da Corredoira de Tui.

O Cross Escolar do Baixo Miño congregará a máis de 250 atletas na ribeira de Caldelas

Galego

A ribeira de Caldelas, en Tui, acolle mañá sábado, 12 de novembro, a partir das 10.30 h o Cross Escolar do Baixo Miño. Esta proba deportiva está organizada por AGRUDEBAM (Agrupación Deportiva do Baixo Miño) e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de Tui e a Comunidade de Montes de Caldelas. Participarán máis de 250 deportistas dos CEIPS Nº1, Nº2, Pazos e Guillarei de Tui, Pedro Caselles, Tebra e IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, así como do Club Atletismo Tegra.

Rematadas as obras de mantemento no pavillón deportivo municipal vello

Undefined

A semana pasada remataron os traballos de mantemento do pavillón deportivo municipal vello de Tui nos que o Concello de Tui.  

Con esta actuación a concellería de Deportes do Concello de Tui continúa co obxectivo marcado ao inicio deste mandato de “poñer as instalacións deportivas municipais á altura dos deportistas e clubs deportivos que as utilizan” tal e coma sinalada o concelleiro Rafael Estévez. 

A colocación do rotulado do nome da instalación culminou a semana pasada estes labores, nos que tamén se procedeu ao pintado exterior durante os meses de setembro e outubro.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes