Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

A 1ª San Silvestre Popular de Tui celebrarase o venres 31 de decembro

Undefined

O venres, 31 de decembro, celebrarase a 1ª San Silvestre Popular de Tui, con carácter non competitivo, dirixida a todas aquelas persoas que queiran participar nun evento lúdico deportivo antes de rematar o ano, e comer as doce uvas por adiantado. A proba está organizada polo Concello de Tui coa colaboración do Club Atletismo Tui.

Esta 1º San Silvestre Popular sairá ás 10.30 h dende o Paseo da Corredoira para realizar un sinxelo de percorrido urbano de catro quilómetros.

Comezan as obras de reforma do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez

Undefined

Esta semana comezaron as obras de reforma do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez. Unha actuación que suporá un investimento de case 600 mil euros que serán financiados polo Consello Superior de Deportes.

Durante os 9 meses nos que se realicen as obras o Club Kaiak Tudense, que ten a súa sede neste centro municipal, realizará os seus adestramentos no CETD, Centro Especializado de Tecnificación Deportiva e no Centro Municipal de Remo. 

Tui celebra o domingo 28 unha Marcha Ciclista contra a Violencia de Xénero

Undefined

O Concello de Tui, dentro dos actos conmemorativos do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, organiza a Marcha Ciclista contra a Violencia de Xénero 2021. Celebrarase o domingo, 28 de novembro, ás 12 h con saída dende o Paseo da Corredoira. Será un percorrido de 7 quilómetros, de dificultade doada,  que dende o Paseo da Corredoira, irá pola Avenida da Concordia, rúa Loureiro, Veiga do Louro, praia de Areeiros, Veiga do Louro, rúa Palláns, rúa Calzada, Coengo Valiño, Alameda de San Domingos, Xardíns de Troncoso, Paseo Álvarez Blázquez e regresará ao Paseo da Corredoira.

Marcha Ciclista contra a violencia de xénero

O domingo, 28 de novembro, ás 12 h con saída dende o Paseo da Corredoira celebrarase a Marcha Ciclista contra a Violencia de Xénero 2021, organizada polo Concello de Tui, dentro dos actos conmemorativos do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero,

Colaboran nesta actividade o Club Ciclista Locos por las Bicis, Protección Civil de Tui e a Cruz Vermella Portuguesa

700 persoas participarán esta fin de semana no Trail do Aloia

Undefined

700 persoas participarán esta fin de semana no Trail do Aloia, delas 500 participarán na categoría absoluta e 200 na infantil que se incorpora coma novidade esta edición.

A proba foi presentada esta mañá na casa do concello de Tui polo concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa, o deputado de Deportes, Gorka Gómez, e por Serafín Martínez e Justi Peixoto da empresa organizadora. O Trail do Aloia está subvencionado polo proxecto INTERREG UNICIDADE VALENÇA-TUI.

 

Trail do Aloia

O sábado, 6 de novembro, e o domingo, 7 de novembro, terá lugar no Parque Natural do Monte Aloia o Trail do Aloia. O sábado ás 16 h comezará na Macoca o Aloia Kids Trail para nenos e nenas de 5 a 15 anos con distintas distancias. Esta é unha das novidades deste ano. O domingo ás 10 h comezará a proba na categoría absoluta con 15 quilómetros e máis de 600 metros de desnivel. 

Mañá preséntase o Trail do Aloia que se celebrará na fin de semana

Undefined

Mañá martes 2 de novembro, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Trail do Aloia. Este evento está organizado pola empresa NOKO 360 SPORTS CONSULTING, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença, e subvencionado polo proxecto INTERREG UNICIDADE VALENÇA-TUI. Celebrarase  esta fin de semana, o sábado 6 e domingo 7 de novembro, nas instalacións deportivas da Macoca, no Parque Natural do Monte Aloia.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes