Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o Trail do Aloia que se celebrará na fin de semana

1/11/2021

Mañá martes 2 de novembro, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Trail do Aloia. Este evento está organizado pola empresa NOKO 360 SPORTS CONSULTING, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença, e subvencionado polo proxecto INTERREG UNICIDADE VALENÇA-TUI. Celebrarase  esta fin de semana, o sábado 6 e domingo 7 de novembro, nas instalacións deportivas da Macoca, no Parque Natural do Monte Aloia.

Na rolda de prensa estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, representantes da Cámara Municipal de Valença, así como o responsable da empresa organizadora Serafín Martínez.