Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

O nome de Gustavo Rodríguez figura xa na rúa Olímpicos Tudenses

Undefined

Este mediodía tivo lugar na rúa Olímpicos Tudenses a recolocación da placa cos nomes dos deportistas tudenses que teñen participado nuns Xogos Olímpicos tras a incorporación do nome de Gustavo Rodríguez Iglesias, medalla de prata nos Xogos Paralímpicos de Tokio en Triatlón PTVI.

Foi o propio Gustavo Rodríguez, acompañado polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e membros da corporación municipal, e dos seus pais o encargado de descubrir a placa.

Tui recibe unha subvención de 600 mil euros do Consello Superior de Deportes para a reforma do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez

Undefined

O Concello de Tui vén de recibir a comunicación por parte da subdirección Xeral de Promoción e Innovación Deportiva da concesión por parte do Consello Superior de Deportes dunha subvención de 599.863,23€ dentro das axudas ás corporacións locais e empresas públicas municipais do ano 2021 para obras de accesibilidade e obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración de competicións de carácter internacional. 

Este fin de semana dispútase o 7º Torneo Eurocidade de Hoquei

Undefined

Dende hoxe venres, 10 de setembro, e até este domingo, 12 de setembro, celébrase o 7º Torneo Eurocidade de Hoquei, nas categorías sénior, escolares, sub13 e sub15, no pavillón deportivo municipal de Valença. Está organizado polo Valença Hoquei Clube, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença, subvencionado polo programa UNICIDADE Interreg España-Portugal.

50 equipos compiten mañá sábado no 6º Budiño Raid Eurocidade

Undefined

50 equipos participarán mañá a partir das 9 h na Eurocidade tui-Valença no 6º Budiño Raid Eurocidade, 4ª e última proba da Liga Galega de Raids de Orientación 2021 e Campionato Galego da disciplina. O evento foi presentado esta mañá na casa do Concello de Tui. Está organizado pola Asociación Deportiva A Forna de Budiño, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, e subvencionado polo programa UNICIDADE Interreg España-Portugal. 

Mañá preséntase no Concello de Tui o 6º Budiño Raid Eurocidade

Undefined

Mañá, ás 11.30 horas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, terá lugar a presentación do 6º Budiño Raid Eurocidade, 4ª proba da liga galega de raids, organizada pola Asociación Deportiva A Forna de Budiño, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, e subvencionado polo programa UNICIDADE Interreg España-Portugal. O evento disputarase durante toda a xornada do sábado, dende a Rúa Olímpicos Tudenses de Tui.

Tui acolle esta fin de semana o Campionato de España de Radiocontrol Térmico con barcos a 120 km/h

Undefined

O Campionato de España de  Radiocontrol Térmico celebrarase os días 4 e 5 de setembro en Tui, organizado polas Reais Federacións Real Española e Galega de Motonáutica, contando coa colaboración do Concello de Tui, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e a Asociación Avelaiña.

O Concello de Tui recibirá hoxe oficialmente a Gustavo Rodríguez, tras gañar a medalla de prata nos Xogos Paralímpicos de Toquio coma guía de Héctor Catalá

Undefined

O Concello de Tui brindará hoxe mércores, 1 de setembro, unha recepción oficial ao deportista tudense Gustavo Rodríguez que o pasado sábado logrou a medalla de prata en Tríatlon coma guía de Héctor Catalá nos Xogos Paralímpicos de Toquio.

O acto está previsto para hoxe mércores ás 20 h coa recepción por parte da corporación municipal no salón de sesións da casa do concello. A continuación ás 20.15 h a cidadanía en xeral poderá transmitirlle os seus parabéns na praza do Concello.

A Volta Ciclista a España pasa este sábado por Tui

Undefined

A Volta Ciclista a España pasará este sábado, 4 de setembro polas rúas do centro urbano de Tui. Será a 20ª etapa que sairá dende Sanxenxo e terá a liña de meta no Castro de Herville en Mos, tras un percorrido de 202,2 quilómetros.

A partir das 13.10 h prevese o pase da caravana publicitaria que acompaña cada etapa, e agárdase que o pelotón poida estar nas rúas tudenses ás 14.20 h.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes