Preto de 600 persoas participan este sábado no Descenso Popular do Miño
Tui. Xoves, 11 de agosto de 2022.
O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.
Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.
Tui. Xoves, 11 de agosto de 2022.
Mañá venres, 12 de agosto, ás 12.00 horas, na casa do Concello de Tui, terá lugar a despedida aos deportistas e adestradores integrantes da Selección Uruguaia de Remo que estiveron concentrados dende o pasado mes de xuño nas instalacións do Centro Especializado de Remo e Piragüismo de Tui e adestrando no río Miño.
O sábado 13 de agosto regresa a Festa do Miño.
A programación prevista é seguinte:
A piscina municipal de Tui abrirá ao público dende o próximo luns, 27 de xuño, e até a primeira semana do mes de setembro.
A cidadanía poderá gozar destas instalacións a partir do próximo luns de luns a venres de 13.30 a 20.30 h e os sábados, domingos e festivos de 12.30 a 20.30 h.
Mantéñense os mesmos prezos que en 2019. A entrada individual de adultos custará 2€, mentres que para cativos e cativas de 4 a 14 anos, e persoas xubiladas será de 1,5 €. Establécense amais bonos de 30 baños por importe de 40€ para adultos e de 35€ para público infantil e xubilado.
Un total de 228 nenos e nenas, con idades entre os 3 e os 12 anos, participarán no Campamento de Verán Igual É + 202 organizado polo Concello de Tui a través das concellerías de Deportes e Igualdade. O obxectivo é facilitar a conciliación familiar durante a época estival ao tempo que brindar aos nenos e nenas unha actividade de lecer durante as vacacións.
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá este domingo, 26 de xuño, dende ás 10.30 h o VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Esta proba deportiva está organizada polo Club Di Som Tui en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Esta competición reunirá a máis de 300 participantes de España e Portugal.
Mañá mércores, 22 de xuño, ás 11.30 h no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, evento organizado polo Club Ximnasia e Auga de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Celebrarase o domingo 26 de xuño, a partir das 10.30 horas, no pavillón municipal Gustavo Rodríguez.
O Paseo da Corredoira de Tui será este mércores o punto de partida da XXI edición do Concurso de Patrullas que organiza a Brilat, que percorrerá a distancia entre Tui e Santiago de Compostela. Nesta proba os e as militares de cada patrulla poñerán a proba a súa capacidade de sacrificio, a súa habilidade e a súa resiliencia.
Está xa publicada a Listaxe de persoas admitidas e excluídas no Campamento de Verán Igual É +.
Cada persoa participante admitida:
Listaxe de persoas admitidas e excluídas no Campamento de Verán Igual É +