Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Este sábado celébrase o 51 Descenso Internacional do Miño

Undefined

Este sábado, 17 de setembro, celébrase o 51º Descenso Internacional do Miño con 450 participantes pertencentes a 39 clubs galegos, doutros puntos de España, de Portugal, Arxentina  e Uruguai.

A deste ano é unha edición especial xa que pospuxo a súa data de celebración, tradicionalmente en agosto, a este mes de setembro debido ás obras no Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez, que será inaugurado o próximo mércores.

Mañá preséntase o Descenso Internacional do Miño que se celebra este sábado

Undefined

Mañá xoves, 15 de setembro, ás 12 horas, no Centro Municipal de Piragüismo “Quique Míguez” de Tui, na rúa Olímpicos Tudenses, terá lugar o acto de presentación do LI Descenso Internacional do Miño, organizado polo Club Kayak Tudense, en colaboración co Concello de Tui, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a Real Federación Española de Piragüismo, a Federación Galega de Piragüismo, a Comandancia Naval do Miño e ao Concello de Salvaterra do Miño.

 

A piscina municipal de Tui adianta o seu peche a mañá ante a previsión de choiva

Galego

A piscina municipal de Tui, que tiña previsto o seu peche este domingo día 11, adianta a data a mañá día 6 por motivo das previsións de choivas.

As instalacións municipais do concello péchanse logo dun intenso e caloroso verán no que acolleron os habituais campamentos de nenos e nenas do concello, e a visita de turistas e tudenses que se achegaron ata estas dependencias para refrescarse.  

Unha véntena de pilotos participan esta fin de semana no Campionato de España de Radiocontrol Térmico en Tui

Undefined

Esta fin de semana celébrase en augas do río Miño en Tui, a carón da rúa Olímpicos tudenses, o Campionato de España de Radiocontrol Térmico organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a Real Federación Española de Motonáutica e a Comandancia Naval do Miño.

Mañá preséntase o Campionato de España de Radiocontrol Térmico que na fin de semana se celebrará en Tui

Undefined

Mañá mércores,  31 de agosto, ás 11.30 horas, nas instalacións de piragüismo e remo de Tui, realizarase a presentación do Campionato de España de Radiocontrol Térmico, que se celebrará en Tui, organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a  Real Federación Española de Motonáutica e a Comandancia Naval do Miño.

VIII Torneo de Tenis Eurocidade Tui-Valença

Do 16 ao 25 de setembro celebrarase o VIII Torneo de Tenis da Eurocidade Tui.Valença. Será para as categorías benxamín, alevín, infantil, e cadete. Terá lugar tanto nas pistas de tenis de Areas, en Tui, coma nas da Piscina Municipal de Valença.

A inscirción pode facerse no 637 557 150, no facebook do Clube de Tenis Tui ou na web ibertenis.com. 

Este VIII Torneo de Tenis da Eurocidade Tui.Valença está organizado polo Club Tenis Tui coa colaboración do Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença no marco da Eurocidade. 

Tui despide á Selección do Uruguai de remo, concentrada para a preparación de distintas competicións

Undefined

A cidade de Tui despediu hoxe á expedición da Selección de remo do Uruguai que levaba concentrada dende o pasado xuño para preparar competicións tan importantes como o recente Campionato do Mundo sub-23 onde acadaron importantes resultados.

Os 16 deportistas, o seleccionador Osvaldo Borchi e o médico da selección concentráronse no Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo de Tui. Os mozos e mozas remeiros repartiron a súa estadía entre este centro, os adestramentos no río Miño e facendo turismo por toda a comarca do Baixo Miño.

O Concello de Tui despide mañá á Selección Uruguaia de Remo ao rematar a súa concentración na cidade

Undefined

Mañá venres, 12 de agosto, ás 12.00 horas, na casa do Concello de Tui, terá lugar a despedida aos deportistas e adestradores integrantes da Selección Uruguaia de Remo que estiveron concentrados dende o pasado mes de xuño nas instalacións do Centro Especializado de Remo e Piragüismo de Tui e adestrando no río Miño.

Festa do Miño

O sábado 13 de agosto regresa a Festa do Miño. 

A programación prevista é seguinte: 

  • Ás 12.00 h Inicio da X Romaría Popular na ribeira de Caldelas. Xantar Campestre
  • Ás 17.00 h Saída do XI Descenso Popular do Miño dende a ribeira de Caldelas
  • Ás 20.00 h X Festa Gastronómica na rúa Compostela. 24 postos de comida e 6 de bebida
  • Ás 20.30 h Animación de rúa con Troula Animación con Funky Party
  • ás 22.30 h Concerto da Banda Xangai na rúa Compostela

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes