Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

A nenez de Xela Arias protagoniza a mostra itinerante que estes días se pode visitar en Tui

Undefined

Dende hoxe e até o sábado pode visitarse no anexo da Sala Municipal, na Área Panorámica a mostra “Aquela nena de Sarria”.  Esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, presentaron a mostra xunto ao presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Precisamente esta exposición é un proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas

Doce paneis recollen os primeiros anos da vida de Xela Arias, a súa vinculación co rural e co noso idioma.

Reunión telemática informativa sobre as axudas Reactiva Tui II

Undefined

O próximo luns, 3 de maio, ás 18 h terá lugar unha reunión telemática informativa sobre as axudas Reactiva Tui II aprobadas polo Concellos de Tui para persoas autónomas e microempresas.

Na reunión o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a Concelleira de Comercio, Emprego e Igualdade informarán sobre a xestións destas axudas cuxo prazo de solicitude se abrirá en breve.

Os datos de acceso á reunión poden consultarse no enlace accesible en tui.gal.

Os propietarios de inmobles no conxunto histórico interesados no programa Rexurbe convocados a unha reunión informativa

Undefined

O conxunto histórico de Tui é un dos tres beneficiarios, xunto aos da Coruña e Ribadavia, do Programa Rexurbe do IGVS da Xunta de Galicia. O programa consiste na compra por parte do IGVS de solares, vivendas, edificios ou ruínas ubicadas no ámbito do Conxunto Histórico de Tui para proceder á súa rehabilitación co obxecto de destinalos a vivenda social en venda ou aluguer.

Os propietarios interesados poden presentar até o 9 de xullo a documentación coa súa oferta de solar ou inmoble para ser adquirido polo IGVS.

Tui entra o venres, 30 de abril, en nivel medio de restriccións

Undefined

O termo municipal de Tui entrará ás 00 h do venres 30 de abril de 2021 en nivel medio de restricción. Así o estableceu o Comité Clínico en función da situación epidemiolóxica tendo en conta a incidencia da COVID tanto a 7 coma a 14 días.  Así o recolleu o DOG nº 79 BIS publicado o mércores, 28 de abril. 

Tui acolle a exposición itinerante “Aquela nena de Sarria”

Undefined

A Biblioteca Pública Municipal de Tui acollerá este luns, 3 de maio,  ás 13 horas a presentación da mostra itinerante “Aquela nena de Sarria”. Trátase dun proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas. A mostra conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello de Sarria e a Real Academia Galega. 

Quince persoas incorporáronse a traballar ao concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos

Undefined

Nas últimas semanas quince persoas incorporáronse a traballar ao concello de Tui tras ser contratadas grazas á achega da liña 3 de “Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais” do Plan de Obras e Servizos-Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra.

A incorporación aos seus postos de traballo tense realizado de xeito escalonado ao longo das últimas semanas.

O Concello de Tui destina case 240 mil á segunda liña de axudas Reactiva Tui

Undefined

O Concello de Tui destina 238.686,86 euros á segunda liña de axudas Reactiva Tui dirixida a persoas autónomas e microempresas do Concello de Tui. Deste total 190 mil euros están financiados con fondos propios e 48.686,886 a través da cantidade adicional da liña 2 do Plan Concellos da Deputación.  

As bases reguladoras desta segunda liña de axudas Reactiva Tui foron aprobadas por unanimidade en pleno, o pasado 25 de marzo, dentro do Plan de Reactivación económica local.

O Concello de Tui crea o Foro do Camiño Portugués

Undefined

O Concello de Tui continua avanzando no impulso de iniciativas a prol do Camiño Portugués ao entender que esta ruta xacobea é un dos principais recursos patrimoniais e turísticos do concello. Neste senso pon en marcha unha iniciativa denominada “Foro do Camiño Portugués” co obxectivo de realizar cada mes unha charla sobre temáticas xacobeas relacionados coa peregrinación polo Camiño Portugués. Trátase dunha sesión presencial pero retransmitida en liña, en tui.gal,  para favorecer o acceso de todos os interesados.

A Policía Local conta un vehículo eléctrico financiado cunha achega do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique  Cabaleiro, recibiu esta mañá na casa do concello á directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, xunto ao membros da corporación municipal de Tui. O obxecto da visita foi comprobar o funcionamento do vehículo eléctrico, un Hyundai Kona, adquirido polo concello de Tui grazas á achega de 38.349,74 deste departamento autonómico.   O investimento realizado inclúe tanto o importe da adquisición do vehículo coma a instalación dun punto de recarga na nave municipal en Guillarei.

Tui presenta un PACES con 29 medidas para reducir as emisións de CO2 nun 40% en 2030

Undefined

O pasado 19 de novembro presentouse na casa do concello de Tui o “Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES)” realizado pola consultora Eptisa. O proxecto estivo subvencionado ao amparo das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía Sostible.

O documento comenza coa caracterización xeral do municipio recollendo a súa estructura, actividades económicas, infraestruturas viarias, hidroloxía, espazos naturais protexidos, montes veciñais en man común, saneamento e abastecemento de auga e xestión de residuos.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía