Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Este mes comezarán as obras de construción dunha rotonda no acceso á A55 en Guillarei

Undefined

Este mes darán comezo as obras de construción dunha rotonda en Guillarei na intersección entre a N-550 e o ramal que da acceso á A-55, a altura do Hotel Alfonso I.  Suporá un investimento de 357.858.43€ financiado ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

Trátase dunha infraestrutura longamente demandada que redundará nunha mellora da seguridade vial na zona tanto para peóns coma para o tráfico rodado, nun punto no que se teñen rexistrado numerosos accidentes de diversa gravidade. 

Tui celebra o Día Mundial do Medio Ambiente cun programa a desenvolver até o 19 deste mes.

Undefined

O Concello de Tui celebra o Día Mundial de Medio Ambiente, que ten lugar mañá 5 de xuño,  cun programa de actividades que comezou hoxe venres e se vai desenvolver até o sábado 19 deste mes.  No mesmo colaboran as concellerías de Medio Ambiente e de Cultura e Educación.

Por unha parte nos colexios do municipio realízase o obradoiro escolar “Xardín Infinito”  consistente en construír un sistema illado simulando un ecosistema en miniatura para observar o proceso da fotosíntese, respiración e ciclos da auga.

A piloto Leticia López e a copiloto María Martínez foron recibidas na casa do concello

Undefined

Esta mañá foron recibidas na casa do concello as tudenses Leticia López e María Martínez, piloto e copiloto de Rallys. Cun Peugot 107 están a competir no campionato galego no Open Donas. Hai un días participaban no Rally da Coruña, e o próximo sábado, 19 de xuño, participarán no Rally de Pontevedra. 

O alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, trasladáronlles as súas felicitacións polos resultados acadados. 

Tui acolle esta fin de semana a Final Four de Baloncesto infantil masculino na que o CB Tui busca a clasificación ao Campionato de España.

Undefined

O Vello Pavillón de Tui acolle esta fin de semana a Final Four de Baloncesto na que o equipo infantil masculino do Club Baloncesto Tui disputará mañá sábado, a clasificación para o Campionato de España que se celebrará en Betanzos.

A competición foi presentada esta mañá na casa do concello polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o responsable da área de Vigo da Federación Galega de Baloncesto, José Luís Pérez, e o presidente e director deportivo do CB Tui, Nicolás Lorenzo e Javier Niño.

Presentación da Final Four de Baloncesto no que o equipo infantil masculino xogará pola clasificación ao Campionato de España.

Undefined

Mañá venres, 28 de maio, ás 10.00 horas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, terá lugar o acto de presentación da Final Four na que o equipo infantil masculino do Club Baloncesto Tui disputará o sábado 29, a clasificación para o Campionato de España.

Mañá preséntase o XI Enduro Cidade de Tui e Trofeo Ibérico Eurocidade que se disputará este domingo

Undefined

Mañá xoves, 27 de maio, ás 11.00 horas, na sala de concelleiros da casa do Concello de Tui, terá lugar o acto de presentación do XI Enduro Cidade de Tui e Trofeo Ibérico Eurocidade. Esta proba de motociclismo disputarase en Tui este domingo 30.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía