Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

A Chave 365 e o certificado Covid poden obterse dende hoxe na Área Panorámica

Undefined

Dende hoxe é posible obter a Chave365 e o certificado COVID na planta Baixa da Área Panorámica. Aí vén de abrir unha oficina, atendida por unha persoa funcionaria do Servizo de Atención Primaria da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. O Concello de Tui colabora así coa xerencia do SERGAS da Área Sanitaria de Vigo pondo a dispor este punto na Área Panorámica para a prestación deste servizo á cidadanía.

Retirados dous eucaliptos de grandes dimensión da beira do Louro polo risco de caída que presentaban

Undefined

Hoxe veñen de ser retirados dous eucaliptos que presentaban perigo de caída na beira do río Louro, na zona de Ricamonde, por debaixo da ponte situada na estrada N550. 

A actuación foi realizada pola Confederación Hidrográfica do Miño Sil a través da empresa Tragsa. A concellería de Medio Ambiente do Concello de Tui dirixirase ao organismo de conca, que é quen ten as competencias nos leitos e zona de servidume dos ríos, solicitando a retirada destas árboles de gran porte polo risco que supoñan. 
 

A V Feira do Peregrino celébrase en Tui o 4 e o 5 de setembro

Undefined

O sábado 4 e o domingo 5 de setembro celebrarase en Tui a V Feira do Peregrino cun programa de actividades destinado a potenciar o Camiño de Santiago Portugués. 

A feira está organizada por ACITUI, Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, a Asociación Amigos do Camiño de Santiago de Tui e a Asociación Turismo Cidade de Tui , coa colaboración do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia, Iacobus e AGACS.  

Acordo unánime da corporación tudense reclamando ao goberno do Estado os cartos do desentullo de Paramos

Undefined

O Concello de Tui vai dirixirse ao goberno do Estado para solicitar o reintegro do preto de millón e medio de euros anticipados pola entidade local para facer fronte ao desentullo no barrio da Torre, en Paramos, tras a explosión de material pirotécnico rexistrada o 23 de maio de 2018. Así se acordou onte no pleno ordinario da corporación tudense.

A V Feira do Peregrino será presentada mañá venres

Undefined

Mañá venres, 30 de xullo, ás 12 h no Pórtico da Catedral de Tui terá lugar a presentación da V Feira do Peregrino que se vai celebrar na cidade o sábado 4 e o domingo 5 de setembro.

A feira está organizada por ACITUI, Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, a Asociación Amigos do Camiño de Santiago de Tui, e a Asociación Turismo Cidade de Tui , coa colaboración do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia, Iacobus e AGACS.

A estimulación cognitiva e funcional dos usuarios e o apoio ás familias obxectivos dos obradoiros impartidos por AFAGA clausurados onte

Undefined

Máis  dunha ducia de persoas participaron esta temporada nos obradoiros de “Estimulación Cognitiva e Funcional” que AFAGA en colaboración co Concello de Tui imparte en Randufe. Os usuarios e usuarias acoden en dous grupos os luns e mércores e os martes e xoves.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía