Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do Descenso Internacional e do Descenso Popular do Miño

16/08/2021

Mañá martes, 17 de agosto, ás 11.30 h na rúa Olímpicos Tudenses, terá lugar a presentación do 50 Descenso Internacional do Miño e do X Descenso Popular. Ambas probas vanse celebrar este sábado, 21 de agosto.

Participarán no acto de presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel; o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez; o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, e o presidente do Club Kaiak Tudense, Diego Piña.