Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Mañá preséntase no Concello de Tui o proxecto “Peregrinaxe Marítima a Remo”

Undefined

Mañá, mércores 17 de xaneiro de 2018, ás 17 horas terá lugar na sala de concelleiros da Casa do Concello de Tui a presentación do proxecto “Peregrinaxe Marítima a Remo”. Trátase dunha iniciativa co obxectivo de crear unha flota de barcos coas que realizar a viaxe a remo seguindo no posible o Camiño pola Costa, dende as Rías Baixas ata Padrón.

Estarán presentes Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui, e Andrés Urseira González, concelleiro de Turismo e Deportes do Concello de Tui, xunto a Alec Jordan, promotor do proxecto.  

O goberno municipal fai un chamamento aos grupos da oposición para acordar unha folla de ruta para combater o deterioro do conxunto histórico

Undefined

O goberno municipal de Tui considera a rehabilitación do conxunto histórico unha prioridade transcendental, que debe ser abordada sen demora. Como medida inmediata xa posta en marcha desde a primeira semana deste ano 2018, destaca a ampliación do horario de atención da Oficina da Área de Rehabilitación Integral, ARI, cuxa técnica ampliará os días de atención, pasando de atender so os xoves, a facelo tamén os martes, ambos de 9 a 14h.  

O novo goberno municipal preséntase nas parroquias

Undefined

O goberno municipal de Tui realizará entre os meses de xaneiro e febreiro asembleas en todas as parroquias do concello, para facer a presentación pública de todos os membros do goberno, informar dos  puntos de vista do novo goberno a respecto do traballo que queren levar a cabo no rural do noso municipio e presentar ao enlace do goberno coa parroquia, que servirá para canalizar as peticións que os cidadáns queiran facer ao concello.

A corporación municipal de Tui celebra este xoves o derradeiro pleno do ano

Undefined

A corporación municipal de Tui celebra este xoves o derradeiro pleno do ano. Será ás 20h no salón de sesións da casa do concello con 11 puntos na orde do día.

a).- Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, de borradores das actas das sesións anteriores ordinaria nº 12/2017, de 30 de novembro, e extraordinaria nº 13/2017, de 12 de decembro.

O goberno municipal leva mañá xoves a pleno a derogación do imposto de plusvalía

Undefined

O goberno municipal, presidido por Carlos Vázquez Padín, leva mañá xoves ao pleno ordinario a derogación do coñecido coma imposto de plusvalía.  En concreto no punto segundo figura a Derogación da ordenanza fiscal do Imposto sobre o Incremento de valor dos Terreos de Natureza Urbana do Concello de Tui.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía