Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Pleno Ordinario da corporación municipal correspondente ao mes de xaneiro

Undefined

A corporación municipal de Tui celebrará este xoves, 25 de xaneiro, ás 20h pleno de carácter ordinario con 12 puntos na orde do día. 

A)Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta da sesión anterior ordinaria nº 14, de 28 de decembro de 2017.

2º.- Toma de razón de escrito de renuncia de concelleiro José Rodríguez Romero (RE 11821 de 29/12/2017), e que se remita á Xunta Electoral Central para a remisión da credencial do correspondente concelleiro electo de lista que corresponda (José Prada Alvarez ).

A exposición “Auga, o sangue da terra” de Manuel Valcárcel poderá visitarse en Tui do 1 ao 22 de febreiro

Undefined

Do 1 ao 22 de febreiro a Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, acollerá a exposición «Auga, o sangue da terra» de Manuel Valcárcel. Esta mostra chegará a Tui grazas ao convenio de colaboración cultural asinado esta mañá polo o alcalde, Carlos Vázquez Padín; a directora de Oficina de ABANCA de Tui, Uxía Arranz Costas; e a Coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores.  Asistiron tamén o concelleiro de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente, Eduardo Freiría, e a directora da outra Oficina da ABANCA de Tui, Mª Teba García.

O Concello de Tui asina o luns un convenio de colaboración cultural con ABANCA e Afundación

Undefined

O próximo luns, 22 de xaneiro, ás 9h na casa do concello de Tui terá lugar a sinatura dun convenio de colaboración cultural entre o Concello Tui, ABANCA, e Afundación mediante o que as tres entidades desenvolverán a exposición «Auga, o sangue da terra», obra do fotógrafo Manuel Valcárcel.

Tui será o punto de partida da peregrinaxe a remo

Undefined

Tui será o punto de partida do proxecto de Peregrinaxe a Remo que esta tarde foi presentado na casa do concello polo alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, o promotor do proxecto Rodrigo Arbones, o deseñador de barcos en kit, Alec Jordan, xunto a representantes dos clubs de Remo de Tui, Bueu e Cangas.

A apertura da rúa Ourense poderá ser unha realidade no comezo de 2019

Undefined

A comezos do ano 2019 a apertura da rúa Ourense, en sentido sur, podería ser unha realidade. Este luns deuse un paso fundamental na tramitación deste ambicionado proxecto coma é o pago das expropiacións aos propietarios do inmobles afectados co levantamento das actas de pagamento e ocupación. En concreto o concello ten aboado 638.875,27€ aos tres propietarios dos inmobles afectados e aos dous arrendatarios de locais comerciais, que disporán agora de tres meses coma máximo para deixar as súas propiedades.

Presentación do goberno municipal en Guillarei

A Casa Cultural de Guillarei acollerá este sábado, 20 de xaneiro, ás 21h a presentación do goberno municipal e do representante do mesmo nesta parroquia. Esta é a segunda asemblea, tras a celebrada o pasado sábado en Randufe, realizada polo goberno tudense, presidido por Carlos Vázquez Padín, para dar a coñecer a todos os seus membros, así como informar dos  puntos de vista do novo goberno a respecto do traballo no rural e presentar ao enlace do goberno coa parroquia, que servirá para canalizar as peticións que os cidadáns queiran facer ao concello.

 

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía