Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Presentación do goberno municipal en Malvas o venres 9 ás 20.30h

O venres, 9 de marzo, ás 20.30h, no Local do Sindicato de Malvas, equipo de goberno do Concello de Tui presentarase aos vecinos desta parroquia facendo tamén a exposición do traballo que quere realizar no rural.

Ao tempo presentarase ao representante dos veciños de Malvas que servirá de enlace para canalizar as peticións da parroquia co goberno municipal.

Todas aquelas persoas asistentes poderán formular as súas preguntas e rogos tanto ao alcalde como ao resto de concelleiros que conforman o equipo de goberno.

Tui buscará aliarse con Valença dentro da Eurocidade para converterse en Smart City

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença estudará a solicitude de subvencións para poder converter a Tui e a Valença nunha Smart City logo da presenza de técnicos das dúas cidades a pasada semana en Barcelona no World Congress Mobile.

Para o Concello de Tui asumir en solitario o investimento preciso para a modernización dos servizos que presta sería inviable economicamente polo seu tamaño polo que a aposta sería a asociación con municipios limítrofes, inclinándose por esa alianza con Valença dentro da Eurocidade.

Acordo na mesa de negociación entre o goberno e os sindicatos no capítulo de persoal

Undefined

Onte reuniuse no concello de Tui a mesa de negociación onde o goberno municipal e os sindicatos chegaron a un acordo sobre o capítulo de persoal.

Segundo o alcalde, Carlos Vázquez Padín, “chegouse a un acordo cos sindicatos para rectificar o capítulo 1 dos orzamentos e incrementalo en 82 mil euros”. Ao tempo explicou que se mantén o estudo da Relación de Postos de Traballo  fóra do capítulo 1, por cuestións técnicas, que suporá un investimento na mellora da organización e os seus traballadores.

O Concello de Tui solicita á consellería de Sanidade que revise as deficiencias no novo centro de saúde

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, remitiu hoxe un escrito á consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, no que solicita que adopte as medidas necesarias para solucionar as deficiencias que presenta o novo centro de saúde na rúa Casal Aboy.

Manu Garrido, Óscar Graña e Ramón Ferro na categoría masculina e o equipo de Kaiak Polo do Club de Piragüismo Penedo Te Importa na feminina Premio Deporte Tudense 2017

Undefined

Os padeeiros Manu Garrido, Óscar Graña e Ramón Ferro do Club Kaiak Tudense recibiron onte o Premio Deporte Tudense 2017 na categoría masculina, tras proclamarse subcampións do Mundo de Maratón, e medalla de bronce no Europeo en c1 no caso de Manu Garrido e en c2 no de Ramón Ferro e Óscar Graña.  O premio na categoría feminina foi concedido ao equipo de Kaiak Polo

A gastronomía será un dos pratos fortes das Festas de San Telmo 2018

Undefined

A gastronomía será un dos pratos fortes das Festas de San Telmo de 2018 que se van celebrar en Tui do 31 de marzo ao 9 de abril na que se realiza unha forte aposta por celebrar os festexos na rúa.

Así o expuxeron esta mañá na presentación deste evento, declarado de interese turístico galego, o alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría.

Representantes da Eurocidade Tui-Valença acudirán ao Mobile World Congress en Barcelona

Undefined

Unha delegación da Eurocidade Tui-Valença acudirá a próxima semana, martes e mércores, ao Mobile World Congress de Barcelona, tras a invitación recibida por parte de Nec Japan. O alcalde e responsable de novas tecnoloxías Carlos Vázquez Padín, viaxará a Barcelona xunto a un técnico da Cámara de Valença.

O alcalde reunirase o 5 de marzo coa directora do Festival de Arraianos

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reunirase o próximo 5 de marzo coa directora do Festival Arraianos, Andrea Costa, co obxectivo de establecer unha comunicación fluída entre o concello e os promotores deste evento medieval.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, quere facer unha serie de matizacións con respecto as novas aparecidas nos últimos días nos medios de comunicación.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía