Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Punto Limpio

Punto Limpio

Guillarei

Só con cita previa

Debido ao estado de alarma pola COVID19 para acudir ao Punto Limpo débese solicitar cita previa de luns a venres de 9 a 14 h no 629 70 64 36.

A persoa que acuda, coa cita previa ao Punto Limpo, debe depositar os residuos no lugar correspondente, e débese acudir con mascarilla. 

Para o servizo de recollida de voluminosos pode solicitarse cita no mesmo número de teléfono  629 70 64 36 de luns a venres de 9 a 14 h.

Recollida selectiva

Na Praza de Galicia en a esquina da rúa Casal Aboy con Compostela están instalados dous contedores de reciclaxe de CD e DVD, cartuchos de impresora, teléfonos móbiles, aparellos eléctricos e electrónicos, pilas e baterías de móbiles e de lámpadas de baixo consumo e led. 

En doce puntos distribuídos polo municipio hai contedores para a reciclaxe de roupa ,calzado e complementos. 

 

Para a reciclaxe de aceite hai 23 colectores ao longo do termo municipal.

 

Áreas: 
Obras e limpeza