Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Visita teatralizada este domingo ao patrimonio xudeu tudense

9/09/2022

Esta actividade pecha o programa da Xornada Europea da Cultura Xudía. Últimos días tamén das Xornadas Gastronómicas Sefardís

Este domingo, 11 de setembro, a partir das 12 h terá lugar unha visita teatralizada ao patrimonio xudeu tudense. Esta actividade forma parte da programación preparada polo Concello de Tui para a celebración da Xornadas Europeas da Cultura Xudía na nosa cidade.

A visita comezará na Oficina Municipal de Turismo, no Paseo da Corredoira, e contará en tres momentos coa presenza de personaxes vinculados á presenza dunha comunidade xudía no Tui medieval noutras tantas localizacións do conxunto histórico tudense. Deste xeito as e os participantes poderanse achegar ao coñecemento deste legado histórico e cultural a través destas escenas teatralizadas.

Esta visita estaba programa para o pasado domingo 4 de setembro pero foi suspendida polas previsións meteorolóxicas e trasladada a este domingo 11.

Igualmente esta fin de semana finalizan as Xornadas Gastronómicas sefardís dedicadas ao bacallau que conta coa oferta de pratos sobre especialidade nos seguintes establecementos tudenses:

-              Parador de Tui que oferta o prato “Bacallau gratinado con emulsión suave de allo e repolo”

-              Gastrobar “Trisco do Miño” con “Bacallau á portuguesa”

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, afirma que “temos a sorte de contar en Tui con testemuños materiais e inmateriais que permiten coñecer e pór en valor este importante e enriquecedor patrimonio ligado as comunidade xudías e criptoxudías tudenses”. Lembra que “acceder a este patrimonio sempre é posible, non xa pola visitas preparadas para estas xornadas, senón por que a “Ruta xudía” está sinalizada e a través de turismotui.mobi pódese seguir esta itinerario con xeolocalización e información complementaria á existente nos sinais”.