Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Última xuntanza preparatoria da campaña informativa da iniciativa “Xuventude en Movemento"

18/10/2012

No día de onte, martes 16 de outubro, na Casa do Concello de Tui celebrouse a última xuntanza de organización da campaña de difusión que organiza a Comisión Europea na nosa cidade na vindeira fin de semana, concretamente o venres 26 e o sábado 27 de outubro, baixo a denominación de “Xuventude en movemento”.

 

No decurso da mesma participaron representantes da Dirección Xeral de Relaciones Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, da Cámara Municipal de Valença e do Concello de Tui. Esta xuntanza serviu para repasar o programa previsto e para comprobar as necesidades de infraestructuras que precisa este evento.

 

Para o desenvolvemento desta xornada ao longo da vindeira semana será instalada una carpa no Paseo da Corredoira tudense que acollerá ao longo do venres 26 e o sábado 27 un amplo programa de actividades. Esta campaña que promove a Comisión Europea se realiza en 35 cidades de europea, escollendo a Eurocidade Tui –Valença pola súa significación da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal.

 

O Concello de Tui agradece a colaboración dos veciños e dos establecementos comerciais do Paseo da Corredoira que terá ao longo dos vindeiros días certas incomodidades derivadas da montaxe da carpa neste lugar, onde está previsto acoller ao longo desta xornada a mais dun millar de mozos e mozas.

 

“Xuventude en movemento” achega ata a Eurocidade Tui – Valença información de primeira man sobre os numerosos programas europeos existentes en materia de emprego, formación, educación, emprendemento dirixidos ao sector da mocidade europea.  Cómpre salientar como moitas destas iniciativas son escasamente coñecidas e a celebración deste evento abre as portas ás oportunidades que dende os diversos programas da Unión Europea se ofertan aos mozos e mozas.

 

Ao longo do sábado haberá diversos obradoiros sobre “Networking e búsqueda de emprego”, a rede Eures que ofertas vacantes de emprego a nivel europeo, a innovación no ámbito rural, a ciencia como profesión, a rede “Enterprise Europe Network”, o programa Erasmus para emprendedores, a Formación Profesional, a aprendizaxe de idiomas ou a artesanía como oferta de innovación e calidade. É unha oportunidade única para acceder a unha información directa a cargo de especialistas en cada materia e que ofrecen a súa experiencia profesional aos mozos que se acheguen ata Tui.