Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui recibe 5 mil euros da Deputación para a "Asistencia técnica proxectos PRTR no ámbito turismo deportivo sostible".

19/06/2023

O Concello de Tui recibirá da Deputación de Pontevedra 5 mil euros para a "Asistencia técnica proxectos PRTR no ámbito turismo deportivo sostible". Así o aprobou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 16 de xuño de 2023. A achega forma parte das subvencións a entidades locais da provincia de Pontevedra, con poboación inferior a 50 mil habitantes, para o financiamento dos gastos derivados da presentación de candidaturas de proxectos subvencionables ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, no ámbito do Turismo Deportivo Sostible. 

A Deputación de Pontevedra activou unha convocatoria de subvencións que permita aos concellos interesados dispoñer de financiamento para afrontar os traballos de preparación da documentación necesaria para presentar solicitudes de subvención de proxectos de interese municipal nas próximas convocatorias de subvencións con fondos Next Generation UE para fomentar o turismo deportivo sostible.