Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui e Valença reivindican a importancia e historia do Camiño Portugués a Santiago

30/10/2023

Será cunha peregrinación encabezada polos mandatarios dos dous municipios entre o 6 e o 11 de novembro. Poderán participar amais 36 persoas que se deberán inscribir á maior brevidade

A Eurocidade Tui-Valença reivindica a importancia e a historia do Camiño Portugués a Santiago e vaino facer a próxima semana entre o luns 6 e o sábado 11 de novembro cunha peregrinación até Santiago que estará encabezada polo presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira, e polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Na mesma poderán participar amais 32 persoas, 16 persoas de Tui e outras 16 de Valença, que se no caso de Tui se deberán inscribir á maior brevidade na Oficina Municipal de Turismo ou no correo turismo@tui.gal. O prezo por participar será de 130 € por persoa incluíndo o aloxamento diario e o autobús de regreso á Eurocidade o sábado. O almorzo, o xantar e a cea correrá por conta de cada participante.

No que levamos deste 2023 un total de 85.839 persoas realizaron o Camiño Portugués segundo os datos da Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago. Deste total máis da metade, 45.857 partiron da Eurocidade Tui-Valença, en concreto 32.005 fixérono de Tui e 13.852 de Valença.