Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Tui conta cun novo folleto turístico da Ruta Xudía en formato trilingüe

14/02/2019

Editáronse 15 mil exemplares. A información compleméntase en turismotui.mobi

O novo folleto turístico da Ruta Xudía de Tui foi presentado este mediodía na casa do concello polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría.

Esta nova edición, realizada pola empresa Sherpa Project, continúa a liña iniciada hai un meses co rueiro, para a renovación da información turística para entregar aos visitantes. O novo folleto, en formato trilingüe, en galego, castelán e inglés, recolle un mapa cos elementos máis singulares do legado xudeu en Tui: A Porta da Pía, a Sinagoga, a Casa dos Capeláns, a Porta da Torre, a Casa de Salomón, o Cárcere capitular, as Cruces en Pedra, a Menorá da Catedral e os “Sambenitos”. Conta ademáis información histórica sobre estes elementos.  

Outro dos puntos que pon en valor no folleto é a aplicación móbil turismotui.mobi, que a través de códigos QR, incluídos na sinalización do conxunto monumental, permite a realización de rutas guiadas, así como ampliar a información sobre cada punto de interese.

Do novo folleto fíxose unha primeira edición de 15 mil exemplares do folleto, que nestes momentos están xa a dispor dos interesados na casa do concello.

Ver novo folleto turístico da Ruta Xudía de Tui