Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui amosa os seus recursos a un grupo de touroperadores e axentes turísticos internacionais

30/10/2023

O Concello de Tui recibiu esta pasada fin de semana a un grupo de 15   representantes de axencias de viaxes e touroperadores internacionais especializados no Camiño de Santiago que participarán en Fairway, feira do camiño de Santiago que se celebra en Santiago os días 2, 3 e 4 de novembro. Trátase dun Fam Trip ou viaxe de familiarización destes profesionais turísticos que con esta actividade coñecen de primeira man os recursos turísticos das localidades do Camiño Portugués.

Dende a concellaría de Turismo tudense, que dirixe Ana María Núñez Álvarez, xestionouse unha estadía de dous días na nosa cidade para dar a coñecer os recursos turísticos que nos caracterizan. Este grupo de axentes turísticos puido coñecer o proxecto de Río Miño en Barco, o enoturismo cunha visita a Adega Corisca, cea e aloxamento en Tui e unha visita á catedral e conxunto histórico da cidade.

En concreto, os axentes turísticos que visitaron a nosa cidade representaban ás seguintes axencias: Viskolcy Travel, WeGo Journeys, Travelserv, Spiritours, Penguin Travel, Fab Travel, Viviendo experiencias Travel, Natural Adventure , Camino with Me e Eurasia.

Ana María Núñez Álvarez agradece a colaboración das empresas turísticas locais así como da Catedral para a acollida a esta viaxe de familiarización e contribuír desta forma á promoción turística da nosa cidade e con especial incidencia na promoción do Camiño Portugués, onde a afluencia de peregrinos internacionais experimenta cada ano un incremento numérico, evidenciando a potencialidade desta ruta de peregrinación.