Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui acollerá a saída das tropas militares que farán o Camiño de Santiago

25/10/2019

Será o luns, 28 de outubro, ás 22 h dende a rúa Olímpicos Tudenses

O próximo luns, 28 de outubro, a partir das 22.00 horas, terá lugar a saída do concurso de patrullas das Forzas Armadas Españolas, que realizarán o Camiño Portugués de Santiago. Será dende o aparcamento dos centros municipais de remo e piragüismo de Tui, situados na rúa Olímpicos Tudenses, ao carón do río Miño,

As patrullas da Brilat e as patrullas chegadas dende as unidades de Asturias, Valladolid, Almería, San Sebastián, Ceuta e Canarias, tomarán a saída para realizar un total de 120 quilómetros entre Tui e Santiago de Compostela. Ao longo percorrido terán que completar sete probas, un percorrido topográfico, unha proba de tiro de precisión, o paso da pista de obstáculos, unha baixada facendo rápel, o paso do río Lérez nadando, lanzamento de granadas e percorridos cronometrados.

A proba rematará na mañá do mércores 30. O día seguinte, o xoves 31 ás 09.30 horas, haberá un acto de clausura e entrega de premios do concurso de patrullas Tui-Santiago na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, trala que asistirán á misa do Peregrino.