Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui acolle esta fin de semana a 1ª Proba da Copa Galicia de Esquí Náutico

3/08/2012

Será o sábado e domingo a partir das 9h

 

Esta fin de semana celébrase en Tui a 1ª Proba puntuable para a Copa Galicia de Esquí Náutico. O sábado a partir das nove da mañá, fronte ás instalacións do Club Náutico San Telmo, terá lugar os adestramentos e o domingo á mesma hora comezará a competición nas modalidades de slalom, minislalom e flagslalom. Prevese a participación de 33 esquiadores de toda Galicia que amosarán o alto nivel que esta disciplina está acadando na comunidade.

 

Dende o Concello de Tui quérese felicitar aos esquiadores tudenses que a pasada fin de semana no Campionato de España de Slalom celebrado en Seseña lograron dous ouros e unha prata. A medalla de ouro foi para José Leiras en sub12 e para Andrea Monzón en sub 14. Amais Alejadro Pamies logrou a medalla de prata en sub 21. Esta fin de semana en Tui buscarán tamén subir ao podio.