Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tanxarina Títeres chega a Tui con “Titiricircus”

26/04/2013

A compañía celebra os 30 anos nos escenarios e os 25 da obra que mañá se representa en Tui

 

Xoves, 25 de abril de 2013. Tanxarina Títeres vai representar mañá ás 20h no Teatro Municipal de Tui “Titiricircus”. Vano facer nun momento en que esta compañía redondelá está a celebrar os seus trinta anos nos escenarios, e no que amais se cumpren 25 anos da obra que mañá levarán a escena.

 

Titiricircus  conta a historia de dous vellos traballadores dun gran circo, de carpa alta e bicolor, que lembran con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Trátase dunha lembranza evocadora daquel circo. Sobre o escenario estarán Tatán e Miguel Borine dando vida a estes personaxes circenses.

 

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata mañá venres ás 13h, ou se poderán mercar mañá dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3€ e 2€.

 

 

Tanxarina Títeres con Titiricircus

Data: Venres, 26 de abril, ás 20h

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Entradas: Venres ata ás 13h en www.culturatui.info ou venres dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3€ e 2€.

Taxarina con Titiricircus