Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Salvador Domínguez Alonso, o avó de Tui, cumpre 106 anos

26/04/2013

Venres, 26 de abril de 2013. Salvador Domínguez Alonso, veciño de Paramos, cumpre mañá sábado 27 de abril 106 anos. Segundo os datos do padrón municipal e do INE é a persoa de máis idade de Tui. Por este motivo o Concello de Tui lle vai brindar unha pequena homenaxe.

 

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, xunto a outros membros da corporación, visitarán mañá sábado, ás 12h a Salvador Domínguez, na súa casa para felicitalo polo seu aniversario e facerlle entrega dun agasallo.

 

 

 

Nota indicativa de cómo chegar:

 

A Casa de Salvador Domínguez Alonso está na parroquia de Paramos, Praza nº10.

 

Para chegar hai que coller na rotonda do tanatorio de Guillarei en dirección Caldelas pola N-404. Na recta de Paramos hai que tomar dirección Salceda pola N-411. Logo aparecen dúas entradas, hai que coller a segunda entrada que está asfaltada a man esquerda. A poucos metros está facendo esquina a vivenda nº10.