Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ruta Literaria por Tui dentro do programa Tui en Letras

7/06/2023

Partirá este venres ás 19.30 h da Biblioteca Municipal

Dentro da programación de ‘Tui en Letras’ este venres terá lugar unha nova ruta literaria pola cidade de Tui  na que os participantes percorreran diversos lugares da cidade vinculados a figuras literarias tudenses coma a casa familiar dos Álvarez Blázquez, a residencia vacacional de Camilo José Cela, a antiga igrexa de San Xoán do Porto vinculada co troveiro medieval Golparro, a rúa onde residiu o historiador Francisco Ávila y Lacueva, … Tamén se vistiarán outros enclaves relacionados con Faustino Rey Romero, María Tydeska (María Gloria Pereira). Sairá as 19.30 h dende a Biblioteca Municipal, no edificio Francisco Sanchez.

Para a concelleira de Cultura en funcións, Sonsoles Vicente, esta actividade vincula o patrimonio material tudense co acervo cultural legado polos escritores e literatos que, ao longo do tempo, teñen enriquecido a nosa vida colectiva, moitos deles hoxe case esquecidos. Con esta actividade a concellería de Cultura do Concello de Tui continua avanzado no programa “Tui en letras” que, ao longo dos meses de abril, maio e xuño, ven ofertando un amplo programa de actividades de promoción da lectura e a lingua galega. Un programa que conta co colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.

A asistencia é libre e gratuíta para todas as persoas interesadas.