Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Reunións informativas sobre Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os incendios forestais.

8/03/2022

O Concello de Tui vai realizar durante os meses de marzo e abril unha rolda de charlas informativas nas distintas parroquias tudenses para informar sobre o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os incendios forestais.

Nestas reunións explicarase á veciñanza en qué consiste o plan, a súa aplicación, e as zonas afectadas. Ao tempo aclararanse todas aquelas dúbidas que poidan xurdir sobre este plan.

Na reunións participará o concelleiro de Medio Ambiente, Ismael Diz, e unha técnica municipal.

As dúas primeiras reunións terán lugar este venres, 11 de marzo. Será ás 19 h no Centro Cultural de Pexegueiro e ás 20.30 h no Centro Cultural de Areas.

As reunións continuarán o venres 25 de marzo ás 19 h no Centro Cultural de Ribadelouro, e ás 20.30 h no Centro Cultural de Guillarei.