Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Resultados 2º exame Prc. Técnico de Xestión

7/12/2020

Resultados 2º exame proceso selectivo Técnico de Xestión

Resultados do segundo exame de técnico de xestión realizado o día 02-12-2020, os aspirantes dispoñen de tres días hábiles para presentar alegacións ao mesmo.

O tribunal asemade convoca aos aspirantes que superaron esta segunda proba a realización da terceiro o vindeiro martes día 15/12/2020 as 09:00 horas na casa do Concello sita en Praza do Concello nº 1, 36700 Tui.

Durante o desenvolvemento da proba os aspirantes poderán dispoñer de textos legais sen comentarios e calculadoras. En relación cos textos legais, admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas en cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples sempre que non inclúan outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial. Está expresamente prohibida a utilización de libros de consulta, informes ou ditames de calquera tipo.