Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Publicada a Listaxe 0 de solicitudes denegadas por non cumplir os requisitos establecidos nas Bases reguladoras do Programa “Reactiva Tui”

30/07/2020

Vense de publicar na web municipal a aprovación provisional da listaxe 0 de solicitudes denegadas por non cumplir os requisitos establecidos nas Bases reguladoras do Programa municipal de axudas extraordinarias de emerxencia “Reactiva Tui”, dirixidas ao mantemento do tecido empresarial, aprobadas polo Pleno da Corporación en sesión de data 28 de maio de 2020 e publicadas no BOPPO núm 109 de 09 de xuño de 2020.

Establécese un prazo de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte a publicación deste anuncio para proceder a subsanación dos erros, segundo se recolle na Base 7.3 da convocatoria

Consultar Listaxe 0